alt

As mulleres da CUT rexeitamos frontalmente a modificación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e as limitacións á interrupción do embarazo anunciadas en Madrid polo representante da ala máis integrista do Partido Popular e ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.

Manifestamos a nosa insubmisión a calquera tentativa de arrebatarnos o poder de decisión sobre aquilo que só a nós pertence, o noso corpo, e estaremos atentas ás convocatorias que desde os colectivos feministas do país se lancen para respostar nas rúas esta agresión patriarcal máis.

Noutros comunicados e análises, a Secretaría das Mulleres da CUT vén apuntando que a actual crise sistémica non supón apenas un proceso de reestructuración económico-produtiva para garantir a acumulación capitalista a costa da mingua de dereitos sociais e laborais, dun deterioro das condicións de vida e aniquilación do medio ambiente.

Sen restar gravidade ao anterior, consideramos que estamos a vivir un momento no que os reaxustes ideados polo gran capital apoianse nunha ofensiva ideolóxica de envergadura, que pretende ampliar aínda máis a fronteira de dominación, a instauración do pensamento único e de toda sorte de mecanismos de control sobre a poboación.

Ler máis...

Muller

alt

Preto de duascentas traballadoras e traballadores da limpeza da USC mobilizáronse a mañá do pasado venres ante a facultade da Politécnica, no Campus desta Universidade en San Froilán Lugo.
 
A concentración, á que acudiron compañeiras e compañeiros de ambos os dous Campus da Universidade, convocada nun acto de unidade sindical polos Comités de Empresa compostelán e lugués, logrou o seguimento da práctica totalidade das traballadoras e traballadores do servizo, que se amostraron decididas a seguiren unha ruta ben definida contra o ERE de redución dun 30% da xornada e soldo que a empresa Clece SA quere desenvolver en aplicación do recorte de máis dun millón de euros por parte da Universidade de Compostela.
 
Consignas como "somos traballadoras e non delincuentes" ante o amplo cerco policial, ou "non aos recortes na Universidade", fixénronse sentir nun acto de celebración de Santo Tomé de Aquino, concorrido por diversas autoridades e no que xa o actual Reitor, Juan Casares Long, non se atreveu a utilizar o acceso principal para acceder ao salón de actos.

 

Prensa

alt

Na tarde de onte, traballadores e traballadoras do servizo de limpeza da USC, concentráronse diante das portas da Reitoría durante a celebración do Consello de Goberno.

Durante o transcurso desta mobilización, as e os asistentes apouparon ao actual reitor da Universidade compostelá Juan Casares Long, responsábel dunha equipa reitoral que está a despregar unha política de xestión neoliberal e radicalmente clasista, en absoluto illamento no medio das protestas e mobilizacións dos sectores máis activos da comunidade universitaria.

Esta concentración das traballadoras e traballadores da limpeza, que están a desenvolver un programa de loita aprobado con unanimidade e toda a forza do colectivo na última asemblea xeral celebrada, non é máis do que o comezo dun amplo programa de acción sindical que se concretará ao longo desta semana e no que se prevén xornadas de folga.

A oposición a un tesoirazo dun millón de euros na contrata (un 15% do seu valor) frente ao descenso dun 3% no presuposto xeral da Universidade, supón unha agresión de entidade ao conxunto do cadro de persoal, profundamente feminizado, que CLECE SA, empresa responsábel do servizo, prevé concretar nun ERE de xornada.

A representación da CUT neste centro de traballo critica “as negociacións que Clece e a equipa reitoral desenvolveron no cuarto escuro para concretar o recorte” e advirte da necedade dunha equipa de goberno que segue a preferir “acoitelar os dereitos do colectivo no canto de desenvolver un estudo serio do que suporía a recuperación para a entidade pública do servizo”, nun contexto no que a empresa concesionaria se está aínda a lucrar deste tesoirazo.

Intervención policial.

Durante o desenvolvemento da mobilización, a presenza de axentes da Policia Nacional de paisano, que botaron man da agresividade contra as e os manifestantes, xerou momentos de tensión durante os que segundo testemuñas presenciais, se botou man de armas non regulamentarias.

A CUT pon en cuestión, máis unha vez, a quen serve a autoridade policial, nunha entidade pública onde recentemente, o reitor Casares Long resultou imputado nun proceso xudicial de malversación de fondos públicos, e denuncia a falta moralidade dunha equipa reitoral que se serve de axentes para disolver as mobilizacións lexítimas dos traballadores e traballadoras do servizo da limpeza.

Prensa

O presidente do Estado español, Mariano Rajoy, ven de recoñecer que o para rolda os cinco millóns e medio de traballadores e traballadoras. A reforma laboral do PSOE contribuíu a esta cifra, e a reforma xa cociñada cos sindicatos e a patronal (o bipartito no campo laboral) axudará a aumentala aínda máis.

Todas as medidas ditadas polo goberno económico mundial (FMI, UE...) son asumidas sen oposición algunha por parte da burocracia política, leven a camiseta que leven, porque dende hai corenta anos a política do capitalismo parlamentario deixou de pensar e de tomar decisións económicas. A ninguén se nos escapa xa, a estas alturas, que o capitalismo está a refundarse para continuar coa súa lei de acumulación constante, e para este obxectivo teñen claro que só hai un camiño: a plusexplotación do proletariado.

As medidas adoptadas dende os despachos da barbarie implican man de obra escrava e un nivel de vida de subsistencia para a clase traballadora. En realidade esta foi sempre a nosa situación, só que nos últimos anos o capitalismo enganounos co consumo a creto que nos facía pensar na posibilidade de sermos clase media a través do traballo explotado. Nada máis lonxe da realidade, acabouse o soño, e para sempre, a burguesía di: INXENUOS, ACABÁRONSE AS ILUSIÓNS, VOLVEDE AO VOSO SITIO!!

Ler máis...

Prensa

Outra vez máis o persoal de seguridade está a ver como a súa patronal e os seus acólitos sindicais (UXT e USO), coa escusa da crise,  vanno volver traicionar.

Unha vez asinado o Convenio Colectivo e publicado no BOE, con toda desfachatez a patronal convoca aos sindicatos e fai unha proposta de aumento da xornada a cambio dunha subida salarial máis elevada. O argumento que dan é a crítica situación das administracións á hora de afrontar os pagos. Nós preguntámonos: como é posíbel entón afrontar unha maior suba salarial condicionada a máis horas de traballo? Non hai traballo? Non hai cartos? Ou non hai vergoña?

Estes impresentables non teñen en conta nin a suba unilateral do goberno do IRPF nin a suba dos prezos en xeral. Non será que detrás de todo isto está que agora, despois de cinco anos de recursos, non lles queda outra que pagarnos o que no seu dia se apropiaron de máis nas horas extras por mor de telas mais baixas no Convenio que a hora real de traballo? feito que incumple o Estatuto dos Traballadores, e amparándose na crise queren facernos pagar sempre aos mesmos, os que traballamos e producimos para eles

Ler máis...

Prensa

alt

A nosa central sindical asistiu como convidada ó XII Congreso da CGTP-IN celebrado en Lisboa durante os días, 26, 27 e 28 de xaneiro. No evento estiveron presentes máis de corenta sindicatos do Mundo, e representaron á CUT o noso Secretario Xeral Ricardo Castro e Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.

No marco da celebración deste congreso da CGTP-IN, tivo lugar unha Conferencia Internacional onde participamos e na cal se abordou a Conxuntura Internacional da Crise Capitalista, e as súas consecuencias para a clase traballadora nos distintos pobos e rexións do Mundo.

Neste congreso, a CGTP-IN renovou os seus órganos de dirección para os vindeiros catro anos, sendo substituído o ate agora Secreario Xeral, Manuel Carvalho da Silva, polo compañeiro Armenio Carlos, quen no seu discurso de remate do congreso veu a anunciar a posición de mobilización deste sindicato, para enfrontar a dramática situación que vive a clase traballadora portuguesa.

Durante a presenza da CUT en Lisboa, aproveitamos para manter distintos contactos bilaterais con organizacións sindicais amigas como o PIT-CNT de Uruguay, a CTA de Arxentina, LAB de Euskal Herria ou UNETE de Venezuela. No mesmo senso acordamos coa CGTP-IN afortalar os contactos e relacións bilaterais, concretando actuacións en aspectos que afectan tanto a Galicia como a Portugal.

Internacional

alt

O PP, novo xestor dos mandatos  capitalistas  para o Estado español e para Galicia, avanza na destrución dos servizos públicos. Tres novos chanzos desta política liquidacionista asoman para o ámbito do Ensino nos últimos días:

1.- A Xunta privatiza escolas infantís.

O PP quere pór fin aos “erros”cometidos polo bipartito, os seus “excesos”: agora as Galescolas,  antes o Plan de Normalización Lingüística no Ensino... Dados a bautizar as cousas e a xente, as neonatas Galescolas pasaron a chamarse GaliñaAzul. Para eles mellor galiñas que galegas. Agora as galiñas van ser malvendidas na feira de saldos á que está abocado o sistema de ensino público. Na súa concepción dos servizos como fonte de beneficios a rede infantil é da que máis tallada se pode sacar.

A privatización do Ensino non é un invento do PP. O sistema agradécelle aos anteriores xestores socialdemócratas (PSOE e outros) a súa laboura, porque tamén eles mantiveron ou aumentaron os concertos coa privada, as prevendas á Igrexa católica, a mercantilización da Formación profesional ( mesmo pola vía dos fondos de formación para sindicatos afíns e empresarios), o abandono da rede pública…Pero son insaciables.

Os novos xestores van a máis, o seu esquema social de traballadores escravizados, desregulados, complétase cun exército de parados en lista de espera permanente e cunha volta das mulleres traballadoras ao fogar do que, dende a súa visión fundamentalista, nunca deberon marchar. Veñen de privatizar as escolas infantís ao tempo que aproban unha suba das tarifas das garderías. Fóra a Lei de Dependencia, fóra a Conciliación, fóra garderías…

2.- O bacharelato terá unha duración de tres cursos.

O aumento dun ano de bacharelato, loado no seu momento por toda a prensa “amiga” , supón a redución dun curso da ESO. Suman un curso de ensino postobrigatorio e reducen un do obrigatorio. Algún sindicato “amigo” xa avisa do maior beneficio que conleva a medida para os concertos da privada. As cifras que en Galicia indican un 70% de alumnado na rede pública deben ser invertidas. Menos ensino público, menos obrigatorio, menos universal, menos gratuíto…

3.- O profesorado da pública contará con asistencia xurídica.

A Consellería de Educación vén de anunciar con rebumbio un novo servizo de asistencia xurídica para o profesorado da rede pública. O servizo será prestado (¡) pola empresa “Legalitas”. A empresa privada “Legalitas” vai ser a valedora do profesorado. Por suposto o tema da Responsabilidade Civil queda excluído. Traballadores públicos defendidos pola empresa privada? Algúns parvos aínda han sentirse diferentes ao común dos traballadores, como cando deixan os seus fillos e fillas en mans da privada ou cando van aos médicos das mutualidades renegando da Seguridade Social.

Concluíndo, que nos devolvan o roubado.
 

Ensino

alt

Os días 27 e 28 de xaneiro celebrarase en Lisboa o XII Congreso da CGTP de Portugal baixo o lema "PORTUGAL DESENVOLVIDO E SOBERANO. TRABALLO CON DEREITOS", ao que a CUT foi convidada, asistindo o compañeiro Secretario de Internacional, Manolo Camaño, e o Compañeiro Secretario Xeral, Ricardo Castro. Así mesmo participaremos tamén da Conferencia Internacional que terá lugar o día 26 de xaneiro nesta mesma cidade baixo o lema "A crise Internacional -Impactos no emrprego e nos dereitos laborais e sociais- Resposta Sindical".

 

Internacional

alt

O novo presidente do goberno Mariano Rajoy ordenou aos sindicatos maioritarios chegar a un acordo coa patronal antes do día 7 de xaneiro. Os sindicatos na primeira desas reunións parece que a pregunta que fixeron foi só onde asinaban e se lles ían regalar o bolígrafo.

Hoxe, mércores,o secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, sinalou algunhas das propostas que os sindicatos puxeron sobre a mesa dos empresarios de cara á negociación da reforma laboral.

Nas declaracións feitas á cadea 'SER', Méndez desvelou que formularon á CEOE e á Cepyme que os salarios suban por debaixo do IPC durante 2012 e 2013 e que as empresas poidan converter emprego a tempo completo en emprego a tempo parcial.

Se estas son as propostas coas que os sindicatos se sentaron a “negociar” o que sairá desas “mesas de imposición” non será máis que unha profundización nas políticas de recortes salvaxes a nivel laboral, económico e social contra traballadores e traballadoras, constantando, unha vez máis, a enorme distancia que existe entre a burocracia sindical e os intereses da clase obreira.

Para que as traguemos con menos problema acoden ás escusas habituais. Todas estas medidas din que se plantexan como “transitorias” e “reversibles”. Coñecen, en realidade, que nunca as condicións económicas e laborais, por moito que se sinalen en papeis, volverán a ser como as actuais, e moito menos coa súa actitude.

Promoven acatan e asinan, deste xeito, as vellas aspiracións empresariais. Por un lado que os salarios se desvinculen do IPC e que a precarización laboral sexa cada día maior.

Ler máis...

Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 31

Inicio
Anterior
1