CUT::Internacional

alt

A nosa central sindical asistiu como convidada ó XII Congreso da CGTP-IN celebrado en Lisboa durante os días, 26, 27 e 28 de xaneiro. No evento estiveron presentes máis de corenta sindicatos do Mundo, e representaron á CUT o noso Secretario Xeral Ricardo Castro e Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.

No marco da celebración deste congreso da CGTP-IN, tivo lugar unha Conferencia Internacional onde participamos e na cal se abordou a Conxuntura Internacional da Crise Capitalista, e as súas consecuencias para a clase traballadora nos distintos pobos e rexións do Mundo.

Neste congreso, a CGTP-IN renovou os seus órganos de dirección para os vindeiros catro anos, sendo substituído o ate agora Secreario Xeral, Manuel Carvalho da Silva, polo compañeiro Armenio Carlos, quen no seu discurso de remate do congreso veu a anunciar a posición de mobilización deste sindicato, para enfrontar a dramática situación que vive a clase traballadora portuguesa.

Durante a presenza da CUT en Lisboa, aproveitamos para manter distintos contactos bilaterais con organizacións sindicais amigas como o PIT-CNT de Uruguay, a CTA de Arxentina, LAB de Euskal Herria ou UNETE de Venezuela. No mesmo senso acordamos coa CGTP-IN afortalar os contactos e relacións bilaterais, concretando actuacións en aspectos que afectan tanto a Galicia como a Portugal.

Internacional

alt

Os días 27 e 28 de xaneiro celebrarase en Lisboa o XII Congreso da CGTP de Portugal baixo o lema "PORTUGAL DESENVOLVIDO E SOBERANO. TRABALLO CON DEREITOS", ao que a CUT foi convidada, asistindo o compañeiro Secretario de Internacional, Manolo Camaño, e o Compañeiro Secretario Xeral, Ricardo Castro. Así mesmo participaremos tamén da Conferencia Internacional que terá lugar o día 26 de xaneiro nesta mesma cidade baixo o lema "A crise Internacional -Impactos no emrprego e nos dereitos laborais e sociais- Resposta Sindical".

 

Internacional

A continuación reproducimos o manifesto dos participantes na protesta contra a presenza de Jealsa no Sáhara occidental pola súa contribución no espolio ilegal ao pobo saharauí.

A empresa  JEALSA ten negocios que demostran a súa falta de ética e compromiso cos valores da xustiza e o desprezo aos Dereitos Humanos. As vítimas deses negocios é o pobo saharauí. JEALSA está asociado con empresas de Marrocos, para explotar conxuntamente os recursos naturais do Sahara Occidental e enriquecerse sen respectar os Dereitos dos e das saharauís. JEALSA coñece que Marrocos mantén unha brutal ocupación militar do Sahara Occidental e que grazas ás armas mantense nunha situación de poder ilexítimo.

Pero a JEALSA non lle importa porque prefire facer negocio aínda que saiba que é indigno. JEALSA gaña moito diñeiro, si, pero a que prezo? faio honestamente? estamos dispostos a fomentar coa nosa pasividade o negocio de empresarios aos que non lles importa gañar diñeiro amparados pola forza das armas dos seus socios marroquís?

JEALSA é unha das empresas conserveiras máis importantes, polo seu volume de negocio e ten gran peso na economía local do Aiún. JEALSA desatende a voz dos e das saharauís, e sen o seu consentimento e sen que eles e elas se beneficien da súa actividade industrial, obtén grandes beneficios económicos.

Eses beneficios proveñen dun feito delituoso porque ao facer negocios cos marroquís no Sahara lexitímase unha invasión ilegal que só trae sufrimento ás vítimas, ao pobo saharauí dos territorios ocupados e dos campamentos de refuxiados.

O Sáhara Occidental está inmerso nun proceso de descolonización comezado antes de 1975 e interrompido pola forza bruta militar de Marrocos, que o invadiu ilegalmente nese ano coa maléfica conivencia dos ministros da ditadura española de entón

Ler máis...

Internacional

Día da Acción - 3 de Outubro

A mobilización internacional que a Federación Sindical Mundical convoca para mañá 3 de Outubro, tamén será seguida polos compañeiros e compañeiras da CUT en Compostela. Á mesma hora que en Vigo, ás 20 da tarde, convocamos unha concentración na Praza do Toural onde sumaremos forzas co sindicalismo combativo do mundo e faremos nosas as reivindicacións base da convocatoria: 35 horas de traballo semanais, Seguridade Social pública e gratuíta para todas as persoas, liberdades sindicais e democráticas, salarios dignos e dereito efectivo á negociación colectiva. Ademais das dúas loitas internacionalistas concretas que se resaltan: a reivindicación da liberdade dos 5 cubanos e a solidariedade co pobo palestino. 

Internacional

Guadalupe, é unha nación caribeña que segue a ser colonia de Francia, desde o ano 1635. O forte movemento de liberación nacional é duramente reprimido. Todo que cheire a Gwada, é reprimido e criminalizado. Este é o caso do Unión Xeneral de Traballadores de Guadalupe UGTG. Sindicato de clase, que como noso pertence e é fundador da Plataforma Sindical de Nacións sen estado.

Setembro 2002: Catro asalariados de Texaco, unha empresa en liquidación xudicial e en mans duns xerentes nefastos, deciden retomar o negocio autoxestionándoo Póñense 16 camioneiros en folga. Cando parece que se chega a un acordo para o traspaso do negocio, o xerente da rede Texaco, M. Laroque, bótase atrás.

Ler máis...

Internacional

Máis artigos...

Páxina 1 de 5

Inicio
Anterior
1