Solidariedade internacionalista

altO pobo traballador portugués tomará de novo as rúas mañá, 22 de marzo, convocado pola CGTP-IN, "por unha mudanza de política", como resposta popular á degradación dos salarios, dos servizos públicos e dos dereitos, á precarización das vidas dos traballadores e traballadoras portuguesas. Unha folga xeral que a UGT, outra das centrais maioritarias portuguesas, desbota e califica de instrumentral ao tempo que permanece na mesa de negociación.

A CUT saúda esta iniciativa da clase traballadora portuguesa que, con consciencia de unidade e de confrontación coas políticas organizadas do neoliberalismo, leva tempo respondendo na rúa en dinámicas constantes de mobilización. Xa non é esta a primeira oportunidade na que o pobo portugués paraliza a produción nacional nun País onde os discursos da esquerda organizada teñen abonda permeabilidade e repercusión social.

As problemáticas concretas que están a ser respondidas son, entre outras, o recorte dos salarios, a supresión das vacacións, o recorte das libranzas, o roubo das pagas extraordinarias, a degredación do custo da vida e o aumento da taxa do desemprego.

A actual folga xeral portuguesa, sumou os esforzos dos máis diversos colectivos sociais organizados, até o punto de que unha pluralidade de voces, dende o feminismo organizado na MMM, ou o movemento 15 de outubro, adherirán a mobilización nacional que partirá da Praza do Rossio en Lisboa.

 

" />

Internacional

A continuación reproducimos o manifesto dos participantes na protesta contra a presenza de Jealsa no Sáhara occidental pola súa contribución no espolio ilegal ao pobo saharauí.

A empresa  JEALSA ten negocios que demostran a súa falta de ética e compromiso cos valores da xustiza e o desprezo aos Dereitos Humanos. As vítimas deses negocios é o pobo saharauí. JEALSA está asociado con empresas de Marrocos, para explotar conxuntamente os recursos naturais do Sahara Occidental e enriquecerse sen respectar os Dereitos dos e das saharauís. JEALSA coñece que Marrocos mantén unha brutal ocupación militar do Sahara Occidental e que grazas ás armas mantense nunha situación de poder ilexítimo.

Pero a JEALSA non lle importa porque prefire facer negocio aínda que saiba que é indigno. JEALSA gaña moito diñeiro, si, pero a que prezo? faio honestamente? estamos dispostos a fomentar coa nosa pasividade o negocio de empresarios aos que non lles importa gañar diñeiro amparados pola forza das armas dos seus socios marroquís?

JEALSA é unha das empresas conserveiras máis importantes, polo seu volume de negocio e ten gran peso na economía local do Aiún. JEALSA desatende a voz dos e das saharauís, e sen o seu consentimento e sen que eles e elas se beneficien da súa actividade industrial, obtén grandes beneficios económicos.

Eses beneficios proveñen dun feito delituoso porque ao facer negocios cos marroquís no Sahara lexitímase unha invasión ilegal que só trae sufrimento ás vítimas, ao pobo saharauí dos territorios ocupados e dos campamentos de refuxiados.

O Sáhara Occidental está inmerso nun proceso de descolonización comezado antes de 1975 e interrompido pola forza bruta militar de Marrocos, que o invadiu ilegalmente nese ano coa maléfica conivencia dos ministros da ditadura española de entón

Ler máis...

Internacional

Guadalupe, é unha nación caribeña que segue a ser colonia de Francia, desde o ano 1635. O forte movemento de liberación nacional é duramente reprimido. Todo que cheire a Gwada, é reprimido e criminalizado. Este é o caso do Unión Xeneral de Traballadores de Guadalupe UGTG. Sindicato de clase, que como noso pertence e é fundador da Plataforma Sindical de Nacións sen estado.

Setembro 2002: Catro asalariados de Texaco, unha empresa en liquidación xudicial e en mans duns xerentes nefastos, deciden retomar o negocio autoxestionándoo Póñense 16 camioneiros en folga. Cando parece que se chega a un acordo para o traspaso do negocio, o xerente da rede Texaco, M. Laroque, bótase atrás.

Ler máis...

Internacional

 

 PESCANOVA DENUNCIADA ANTE O TRIBUNAL PERMANENTE DOS POBOSO Grupo Pescanova ven de ser denunciado ante o Tribunal Permanente dos Pobos pola súa "política empresarial", esa que fai que cada mes aumenten os seus beneficios. E como logran esa acumulación tan cacarexada nos medios do sistema? Faino explotando aos traballadores e traballadoras.

Eramos coñecedores do que están a facer nas súas factorías de Chapela e O Porriño -despedimentos, pactos escuros cos sindicatos amarelos, mobilidade inxustificada, vixiancias de carácter poliicial aos traballadores e traballadoras- e agora sabemos que isto non é nada co que están a facer na súa delegación de Nicaragüa, onde reviven as relacións de produción descritas por Marx no século XIX.

Ler máis...

Internacional

 

Os xornais dos últimos días dábanHaití: solidariedade ou depravación?nos a noticia, que en realidade non é nada fora do previsible: secuestro de nenos en Haití, orxías da delegación portorriqueña, violacións, os alimentos e axudas que non chegan... Nada fora do previsto. A hipocrisía dos altofalantes do capitalismo non ten límite. A campaña de “solidariedade” desatada desde os distintos países do Mundo, salvo rarísimas excepcións son en realidade campañas mediáticas para consumo interno, cando non enmarcadas na cortina de fume que ampara a ocupación militar ianqui deste país caribeño.

Efectivamente a ocupación militar de Haití con 16.000 marines, ademais de persoal de loxística, intendencia e intelixencia ao igual que as novas bases militares en Colombia, forman parte do novo deseño xeoestratéxico de EE.UU., para apremar máis a soga sobre Venezuela e Cuba, os fachos anti-imperialistas máis senlleiros de América Latina.

Ler máis...

Internacional

Máis artigos...

Páxina 1 de 2

Inicio
Anterior
1