A continuación reproducimos o manifesto dos participantes na protesta contra a presenza de Jealsa no Sáhara occidental pola súa contribución no espolio ilegal ao pobo saharauí.

A empresa  JEALSA ten negocios que demostran a súa falta de ética e compromiso cos valores da xustiza e o desprezo aos Dereitos Humanos. As vítimas deses negocios é o pobo saharauí. JEALSA está asociado con empresas de Marrocos, para explotar conxuntamente os recursos naturais do Sahara Occidental e enriquecerse sen respectar os Dereitos dos e das saharauís. JEALSA coñece que Marrocos mantén unha brutal ocupación militar do Sahara Occidental e que grazas ás armas mantense nunha situación de poder ilexítimo.

Pero a JEALSA non lle importa porque prefire facer negocio aínda que saiba que é indigno. JEALSA gaña moito diñeiro, si, pero a que prezo? faio honestamente? estamos dispostos a fomentar coa nosa pasividade o negocio de empresarios aos que non lles importa gañar diñeiro amparados pola forza das armas dos seus socios marroquís?

JEALSA é unha das empresas conserveiras máis importantes, polo seu volume de negocio e ten gran peso na economía local do Aiún. JEALSA desatende a voz dos e das saharauís, e sen o seu consentimento e sen que eles e elas se beneficien da súa actividade industrial, obtén grandes beneficios económicos.

Eses beneficios proveñen dun feito delituoso porque ao facer negocios cos marroquís no Sahara lexitímase unha invasión ilegal que só trae sufrimento ás vítimas, ao pobo saharauí dos territorios ocupados e dos campamentos de refuxiados.

O Sáhara Occidental está inmerso nun proceso de descolonización comezado antes de 1975 e interrompido pola forza bruta militar de Marrocos, que o invadiu ilegalmente nese ano coa maléfica conivencia dos ministros da ditadura española de entón

Segundo a ONU e o Dereito Internacional as empresas estranxeiras ou particulares non deben facer negocios co Estado ocupante dun país recoñecido como Territorio Non Autónomo (caso do Sahara) cando a actividade empresarial se realice no territorio invadido ou cos seus recursos. Con todo, JEALSA constituíu cun socio marroquí a empresa mixta DAMSA, que explota unha fábrica conserveira no Aiún.

JEALSA transgrediu a resolución da ONU e aproveita a forza das armas marroquís para enriquecerse. JEALSA convértese así en cómplice dun espolio ilegal.

Ningún xornalista pode ir ao Sahara libremente a investigar que ocorre porque enseguida expúlsano, ou limitan os seus movementos de tal maneira que lle impiden traballar. Ademais, aos seus contactos saharauís detenos a policía marroquí para meterlles medo e que non volvan falar con estranxeiros. Marrocos impuxo a Lei do Silencio e do Terror.

JESÚS ALONSO, o presidente de JEALSA é o seu cómplice, ten na súa man retirarse do Sahara e non o fai porque non quere.

Axúdanos a que os responsables de JEALSA reconsideren a súa actitude e retírense xa do Sahara Occidental ocupado!!!

A cidadanía honesta non queremos ser cómplices de negocios ilegais.

Pídelle a JEALSA que o seu negocio sexa limpo e que respecte os Dereitos Do pobo Saharauí.

Axúdanos a informar a todo o mundo de cal é a realidade denunciando prácticas inxustas como as que realiza JEALSA no Sahara e que favorecen os intereses empresariais duns poucos, á conta do sufrimento terrible de moitos

As sociedades e os individuos non deben moverse soamente polos seus intereses económicos senón, e sobre todo, polos seus ideais e valores de xustiza e paz. O respecto dos Dereitos Humanos é a pedra angular en que deben basearse o resto das nosas actividades.

Sen o respecto aos Dereitos Humanos non valen os beneficios económicos. O noso traballo debe desenvolverse nos límites do dereito respectando aos pobos que aínda non lograron expresar a súa voz por culpa da violencia e das armas.

Non abandonemos ao poboo irmán saharauí.

 

Asinado:

Western Sahara Resource Watch (WSRW)

Asociación de Solidariedade Co Pobo Saharauí (SOGAPS)

Internacional