CUT-Medio Ambiente

Unha vintena de traballadores e traballadoras de Medio Ambiente das Provincias da Coruña e Pontevedra concentráronse esta mañá, convocados pola CUT, ante o edificio central da Consellería de Medio Ambiente, fortemente custodiado por varias dotacións da policía autonómica, para protestar polas negociacións mantidas pola Consellería con interlocutores sindicais sen representación no sector, e nas que pretenden modificar as condicións laborais do Persoal Laboral da Consellería, sen contar cos traballadores/as nin cos seus representantes elixidos para formar parte dos comités de empresa.

Os traballadores, case todos Vixilantes de Recursos Naturais, que se atopaban no seu día de descanso, despregaron unha pancarta na que se podía ler o seguinte texto: “Noso futuro decidímolo nós – Reclasificación xa, funcións as mesmas”.

Ler máis...

Medio Ambiente

Hoxe, luns 13 de agosto de 2007, entre as 10 e as 12 da mañá, un grupo de traballadores e traballadoras da Consellería de Medio Ambiente, así como delegados sindicais da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), concentráronse ás portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (Rúa Benito Corbal nº47), en apoio dos compañeiros expedientados, Álvaro Moraña Fontán e Pablo Sierra Abraín. Os dous traballadores e delegados da CUT estiveron acompañados na súa declaración polo Secretario Xeral da CUT, Manolo Camaño.

A apertura dun expediente disciplinario por falta moi grave, algo que de prosperar podería causar o despedimento dos traballadores, foi o motivo da concentración que coincidiu coa declaración dos compañeiros Álvaro Moraña e Pablo Sierra ante a instructora do caso.

Ler máis...

Medio Ambiente