CUT-Metal

 

O mércores 12 de xaneiro estivemos nas rúas de Vigo contra a nova reconversión do sector naval. Na praza das Travesas escoitouse ben claro que os traballadores e traballadoras do naval comezamos unha nova xeira de mobilizacións para frear os intereses da patronal, que non son outros que recibir centos de millóns de euros dos cartos públicos para logo desmantelar o sector e levar o traballo ala onde a sacrosanta globalización lles permita explotar máis aínda a man de obra.

A situación do sector camiña polo absurdo, apuran a entrega dos barcos facendo horas extra todos os días (e cando dicimos todos os días dicimos tamén sábados e domingos) ao tempo que botaron a rúa xa a case 5.000 compañeiros e compañeiras. A actitude dos sindicatos maoritarios é a da complicidade, ben sexa directa porque están no "negocio" ou ben sexa "conscientemente indirecta" por inanición.

A CUT seguirá coas mobilizacións e agarda tamén neste caso que os intereses dos traballadores e traballadoras do sector estea por riba dos intereses das siglas sindicais para que así poidamos dar a resposta contundente que require a situación. Na concentración de onte marcamos o inicio dun camiño que comeza coa forza dunha folga xeral, e asi dixemos CONTRA A RECONVERSIÓN NAVAL, O 27 FOLGA XERAL!!

Metal

 

O NAVAL PARA POLA MORTE DUN TRABALLADORO sector naval volveu saír as rúas un día despois da Folga Xeral, desta vez para protestar pola morte dun compañeiro morto mentres estaba a traballar na madrugada do día 29 de setembro. Este é o dereito ao traballo que defende a patronal: xornadas de 12 horas sen descanso -sexa mañá, tade ou noite- mentres xestionan expedientes de regulación, condicións de seguridade inexistentes e por suposto o dereito a morrer no posto de traballo.

A morte deste traballador non fai máis que confirmar a presión e a precariedade á que nos somete o capitalismo, pero ao tempo serviu para que de novo o naval dera mostras da súa combatividade e solidariedade. Que non o esqueza a patronal

Metal

O vindeiro xoves, día 5 de febreiro terá lugar Folga do Sector Naval en solidariedade cos catro traballadores que van ser xulgados ese día, no Xulgado do Penal nº 1 de Vigo. O xuízo fora aprazado o pasado 6 de novembro de 2008.

A Fiscalía solicita penas de catro anos de prisión para cada un dos acusados: Emilio Docampo, Iván Piñeiro, Xosé García e Daniel Cascallar, ademais da indemnización solidaria de máis de 8000 euros, imputándolles os delictos de danos e desordes públicos.

Ás 7 da mañá, os traballadores concentraranse nas portas dos estaleiros para máis tarde saír en manifestación polas rúas de Vigo ata o Xulgado.

Ler máis...

Metal

Nos próximos días sairá á rúa o voceiro Ingre, revista de información e debate da CUT-Metal. Unha vez difundida polos centros de traballo tamén se inserirá na web da CUT en formato pdf.

Ler máis...

Metal

O día 23 de xuño a CUT dirixiuse por escrito ós sindicatos CIG, CCOO e UGT, reclamándolles a celebración dunha xuntanza, para abordar conxuntamente a problemática surxida a raíz do procesamento de catro traballadores do sector naval de Vigo, pola súa participación na Folga que tivo lugar o mes de maio do ano 2007.

No día de onte, pasado case un mes, por fin se celebrou a xuntanza coa participación dos máximos dirixentes do sector metal dos sindicatos chamados maioritarios. Vista a xuntanza celebrada, pensamos que foi unicamente polo compromiso e as preguntas que se están a facer moitos compañeiros nos estaleiros.

Como se ten informado, ós compañeiros: Daniel Cascallar, Ivan Piñeiro, Emilio Docampo e Xosé García, a policía e o fiscal impútalle a participación nos incidentes nas rúas de Vigo, na devandita Folga. Polos cales se lles ven a solicitar unha pena de catro anos de prisión a cada un deles e o depósito inmediato de máis de 8.000 euros como fianza solidaria.

Ler máis...

Metal

Máis artigos...

Páxina 1 de 2

Inicio
Anterior
1