Movementos sociais

alt

Durante esta semana a nosa central sindical organiza dúas palestras, en Vigo e Compostela, arredor das políticas migratorias e o xeito en que nos atinxen ás clases traballadoras.

Comezamos mañá martes a partir das 20 horas na Asociación Cultural Bou Eva en Vigo (Tercio de Fora 11) coa presentación do novo libro de Eduardo Romero "¿Quién invade a quién?. Del colonialismo al II Plan África". Este texto, autooeditado polo colectivo asturiano Cambalache, vén contextualizar as políticas migratorias do Estado español e da UE (nomeadamente os Plan África 2006 e 2009), nos verdadeiros intereses empresariais, políticos ou militares. En catro breves ensaios, Eduardo Romero, aborda a temática das migracións desde puntos de vista diversos como a estratexia dos medios de comunicación ou a evolución histórica da colonización africana. O resultado final axúdanos no cuestionamento e combate da criminalización das persoas migrantes, así como na comprensión do papel do fenómeno migratorio na evolución do capitalismo.

O mércores 15 en Compostela teremos de novo a Eduardo Romero que compartirá palestra con dous compañeiros da Asociación Sen Papeis da Coruña. Neste segundo encontro, trataremos de focalizar máis o debate nas estratexias do activismo e da mobilización social. Os Sen Papeis aportarán o seu exemplo de resposta solidaria na loita común frente a violencia coas persoas adicadas á venta ambulante na cidade da Coruña. Terá lugar ás 19 horas no local da nosa central sindical en Compostela (Rúa do Sar 93, baixo) e está coorganizado co Foro Galego de Inmigración e a organización de mocidade ADIANTE.

Con estas xornadas agardamos contribuír ao desenmascaramento das causas agochadas nas políticas migratorias así como á formación de todas as persoas que teñan interese no activismo neste eido.

Movementos sociais

A CUT, como membro activo do Foro Galego de Inmigración, estará o vindeiro domingo participando na VI Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que este ano se celebrará en Compostela co título "Ninguén sobra nunha crise". A nosa central sindical chama a participar, ademais, na marcha reivindicativa que sairá ás 13:15 do IES Xelmírez I, percorrendo as rúas da zona vella compostelá, para rematar ás 14 horas na Praza do Toural onde terá lugar un breve acto que recollerá as principais denuncias e eixos de actuación do Foro durante o último ano de actividade.

Nun momento histórico no que a sociedade precisa máis que nunca de espazos de mobilización, facemos nosas  as palabras coas que o Foro remata  o manifesto desta VI Asemblea: "As persoas migrantes seguiremos pulando por construír e incrementar a nosa participación en asembleas, foros, movementos sociais e espazos de diálogo. As clases dominantes queren a nosa submisión invisible mais sabemos que agora é tempo de organizar a rebeldía".

Ler máis...

Movementos sociais

 

MANIFESTO DO POBO DO MORRAZO EN SOLIDARIEDADE DE AMINETU HAIDAR E DO POBO SAHARAUI, NACIÓN IRMÁ

Manifesto do Pobo do Morrazo en solidariedade de Amitenu Haidar

Oxalá este humilde Manifesto chegue a O Aaium, a Dakla, a Tifariti, a Smara, chegue o inferno do desterro da hamada de Tidouf. Desde o Morrazo quixéramos, ademais de transmitir a solidariedade ó pobo saharauí e a súa insigne filla Aminetu Haidar, tamén compartir a alegría dunha victoria indiscutible da dignidade fronte a intolerancia e a tiranía, ca volta ó Aaium desta heroica muller saharauí.

Os homes e mulleres da comarca do Morrazo que hoxe nos concentramos nesta praza de Cangas, facémolo co sentimento e ca conciencia cívica, de que a defensa dos dereitos humanos é unha necesidade que nos obriga a todos e a todas.

Esta obriga é maior se a negación dos dereitos humanos practicase na persoa dunha cidadá saharauí; Aminetu Haidar, muller que xa é un facho de dignidade e de valentía onde as haxa, e que transcende a loita lexítima do pobo saharauí, pobo que consideramos irmá.

Ler máis...

Movementos sociais

 

Charla-debate: Perspectivas tras a folga xeral. E agora que?

 

Organizada por ADIANTE

Movementos sociais

Na tarde de onte, e convocados pola Confraría de Pescadores o Foro Social e o grupo municipal da ACE en Cangas, máis de 5.000 persoas se manifestaron en contra da construción do porto deportivo que se pretende construír ó carón da antiga conserveira de Massó. Acto que tamén foi apoiado pola CUT e ó que acudiron numerosos militantes.

Ler máis...

Movementos sociais

Máis artigos...

Páxina 1 de 2

Inicio
Anterior
1