As mulleres da CUT rexeitamos frontalmente a modificación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e as limitacións á interrupción do embarazo anunciadas en Madrid polo representante da ala máis integrista do Partido Popular e ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.
Manifestamos a nosa insubmisión a calquera tentativa de arrebatarnos o poder de decisión sobre aquilo que só a nós pertence, o noso corpo, e estaremos atentas ás convocatorias que desde os colectivos feministas do país se lancen para respostar nas rúas esta agresión patriarcal máis.
Noutros comunicados e análises, a Secretaría das Mulleres da CUT vén apuntando que a actual crise sistémica non supón apenas un proceso de reestructuración económico-produtiva para garantir a acumulación capitalista a costa da mingua de dereitos sociais e laborais, dun deterioro das condicións de vida e aniquilación do medio ambiente.
Sen restar gravidade ao anterior, consideramos que estamos a vivir un momento no que os reaxustes ideados polo gran capital apoianse nunha ofensiva ideolóxica de envergadura, que pretende ampliar aínda máis a fronteira de dominación, a instauración do pensamento único e de toda sorte de mecanismos de control sobre a poboación.
Muller
