Acción Sindical

alt

Preto de duascentas traballadoras e traballadores da limpeza da USC mobilizáronse a mañá do pasado venres ante a facultade da Politécnica, no Campus desta Universidade en San Froilán Lugo.
 
A concentración, á que acudiron compañeiras e compañeiros de ambos os dous Campus da Universidade, convocada nun acto de unidade sindical polos Comités de Empresa compostelán e lugués, logrou o seguimento da práctica totalidade das traballadoras e traballadores do servizo, que se amostraron decididas a seguiren unha ruta ben definida contra o ERE de redución dun 30% da xornada e soldo que a empresa Clece SA quere desenvolver en aplicación do recorte de máis dun millón de euros por parte da Universidade de Compostela.
 
Consignas como "somos traballadoras e non delincuentes" ante o amplo cerco policial, ou "non aos recortes na Universidade", fixénronse sentir nun acto de celebración de Santo Tomé de Aquino, concorrido por diversas autoridades e no que xa o actual Reitor, Juan Casares Long, non se atreveu a utilizar o acceso principal para acceder ao salón de actos.

 

Prensa

alt

Os compañeiros Xaquín Conde, Luis Blanco e Alberto Gendra veñen de ser electos nos comicios sindicais celebrados o pasado xoves 27 de outubro, sendo así a da Central Unitaria de Traballadores/as a candidatura máis votada no centro de traballo compostelán da empresa Panrico SLU, situada no Polígono do Tambre.

A nova composición do Comité de Empresa, que sitúa á fronte á CUT con 3 delegados no Colexio de Especialista e Non Cualificados/as (EnC), é unha boa nova para o conxunto do sindicalismo nacional e de clase, ao térense rachado unhas dinámicas de reparto da maioría da representación colectiva entre o amarelismo sindical español (CCOO e UGT) que viñan a estar enquistadas nunha tradición de anos neste centro de traballo.

A representación sindical no novo Comité de Empresa repártese segundo os seguintes criterios: 3 delegados a CUT, 2 CIG, 2 UGT, 2 CCOO.

O resultado por colexios foi o seguinte:

Colexio de Especialistas e non Cualificados/as: 3 CUT; 2 CCOO; 1 CIG; 1 UGT.

Colexio de Técnicos/as e Administrativos/as: 1 CIG; 1 UGT. A CUT non presentou candidatura, presentándoa CCOO sen acadar representante

Prensa

alt

A CUT reclamou en Vigo a readmisión da compañeira PIlar Botana, despedida polo hotel NH en Compostela. Tras estas siglas que nada din, tras esta fachada de pedra, luz e luxo agóchase a historia de sempre: o capitalismo só ten por obxecto a lei de acumulación, e os traballadores e traballadoras non somos máis que cousas ao seu servizo, mercadoría en definitiva.

Non o van ter fácil con nós, a rúa seguirá sendo nosa e con ela a ferramenta que herdamos dos nosos devanceiros: a loita sindical.

Prensa

alt

Este venres 23 de Setembro, a partir das 20:30, volveremos a concentrarnos ás portas do hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela para esixir a readmisión da nosa compañeira Pilar Botana, despedida por esixir os seus dereitos e formar parte activa do noso sindicato. Desde a CUT, chamamos á solidariedade de todas e todos pois o que está en xogo é a nosa dignidade como clase traballadora.

Prensa

O xoves 22 de setembro, ás 20 horas, terá lugar unha concentración diante do hotel NH de Vigo en sinal de protesta polo despedimento de dúas compañeiras da CUT.

A dirección prepotente da empresa decidiu iniciar un camiño de sobreexplotación reducindo o cadro de persoal para obter maiores ganancias. Elixiu en primeiro lugar a dúas afiliadas da nosa central porque saben que se gañan esta batalla terán o camiño libre para despedir a máis compañeiros e compañeiras. Non imos consentirllo.

Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 7

Inicio
Anterior
1