Desde a CUT transmitimos o noso apoio a Luis Bar, sindicalista de Frivipesca Chapela, delegado revogado tras unha manobra empresarial contra os intereses do conxunto de traballadoras e traballadores.
A bo seguro, o aspecto máis duro que conleva a senda sindical de clase, honesta e honrada, é atoparse no camiño coa ingratitude dos propios compañeiros e compañeiras.
Hoxe a asamblea de traballadores de Frivispesca Chapela, déulle as costas ao compañeiro Luís Bar Pérez, delegado sindical da CUT. A empresa, por fin conseguiu o que tanto anhelou, revogalo como representante dos traballadores e traballadoras. Tiña que estirpar o cancro que tanto lle molestaba. Como non podería ser menos, toda escoria de esquirois e lambecús con ou sen apelido sindical, prestouse decididamente a semellante manobra.
Ler máis...