O 1º de maio foi a data elixida para sacar novamente á rúa o voceiro nacional da Central Unitaria de Traballadores/as. No mes de marzo pasado, durante a IIIª Conferencia Nacional, a reactivación do xornal foi unha das demandas da afiliación da CUT, por iso non se fixo agardar. A pesares de que o tempo era escaso para botar a andar a maquinaria, o obxectivo, cremos con sinceridade, quedou cumprido. Os erros, que os hai, agardamos solucionalos de cara a edición do vindeiro nº1 que sairá á rúa para o mes de xullo.
Publicacións
