CUT Galicia

altAínda que hoxe, 22 de febreiro, remataba o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego de redución de xornada apresentado pola empresa madeireira SANTOS Cocina y Baño SL, a Dirección non tivo que esgotar os prazos para ver estampadas no documento final as sinaturas dos delegados e delegadas da CIG e CCOO, a primeira delas con representación maioritaria na empresa. O acordo, este luns.

A Sección Sindical da CUT opúxose dende o principio a esta medida, aínda máis gravosa se callar no contexto desta empresa que contablemente vén obtendo beneficios reiterados, mesmo no exercicio actual (2011), o que a sitúa por riba da media dos relatorios contábeis oficiais do sector.

Con todo, o que máis sorprende, foi o compromiso da CIG, por negociar un "ERE" de redución de xornada procurando minimizar os efectos para venderlle ao cadro de persoal unha suposta redución de "impacto cero", e facilitar así os axustes que a patronal propón para o inmediato, cunha vontade implícita de os ver consolidados.

A vitoria da maioría sindical (co apoio de CCOO), propicia ao ERE, na Asemblea Xeral de Traballadoras e Traballadores foi manifesta, con só 28 votos en contra sobre un cadro de persoal de máis de 150 compañeiras e compañeiros.

A CUT seguirá sensibilizando aos traballadores e traballadoras sobre os efectos nocivos dos Expedientes de Regulación como quintaesencia da reforma neoliberal do mercado de traballo, e seguirá situándose encontra de entregar de balde o conxunto de dereitos colectivos, ao tempo que parabeniza aos compañeiros e compañeiras de SANTOS SL, que puxeron a súa voz crítica contra esta medida, nunha empresa condenada xa por vulneración da liberdade sindical dun dos nosos delegados, onde a disidencia non resulta doada.

Prensa

altEste venres 24 de Febreiro a partir das 19:30 a CUT convoca xunto á CGT unha mobilización na cidade da Coruña en protesta ante a aprobación da Reforma laboral polo Goberno do PP.

A mobilización, que sairá da Praza de Portugal, virá avanzar no proceso de resposta que o sindicalismo combativo galego desenvolve fronte a unha agresión histórica aos dereitos da clase traballadora. A aprobación desta Reforma laboral deixa un escenario de relacións profundamente desequilibradas entre empresariado e persoas traballadoras, ante o cal as actitudes diplomáticas, prudentes ou apoucadas, son altamente irresponsables. Botar abaixo esta Reforma esixe de todos e todas unidade e firmeza nos principios. De non contestarmos con contundencia agora, poden retornar a pasos axigantados infames desigualdades sociais máis propias do século XIX.

Agardamos que a nosa manifestación deste venres sirva para incentivar a concienciación de todas as obreiras e obreiros, avanzando no camiño cara unha folga xeral exitosa que poña freo a actual ofensiva neoliberal.

Ler máis...

Prensa

A doce horas do comezo da Folga convocada, hoxe ás 11,30 da mañá chegábase a un acordo entre o Comité de Folga e a Dirección das empresas FRIVIPESCA CHAPELA FRIGORIFICOS e FRIGODIS, S.A. (Grupo Pescanova).

Dito acordo para o ano 2011, establece un incremento en todos os conceptos do soldo do 2,5 %, sin a supeditación salarial ó incremento da “produtividade” que pretendía a patronal desde que se inciou a negociación.

Atrás queda a sinatura vergoñenta do “acordo extraestatutario” de CCOO, as chantaxes da Dirección para que un a un dos traballadores se adherirán a dito pacto, a cambio do cobro inmediato de atrasos e outras ameazas patronais.

A firmeza na resposta do conxunto dos traballadores de Frivipesca e Frigodis cos delegados da CUT á cabeza, ó desafío chantaxista do pacto de eficacia limitada, demostrou que a única medicina fronte ó medo e a barbarie segue a ser a organización e a loita sindical de clase.

Este conflito asi mesmo, senta pedagoxía para aqueles outros traballadores/as e sobre todo representantes sindicais, doutras empresas do Grupo Pescanova, que claudicaron e permitiron coa súa actitude a introdución nos seus respectivos Convenios Colectivos da supeditación do salario á produtividade, porta para a barbarie laboral.

Prensa

altEsta mañá, o Comite de Empresa do servizo de limpeza hospitalario dos centros Clínico e Xil Casares da cidade de Compostela, vén de adherir de xeito unánime na súa xuntanza extraordinaria á convocatoria de Folga Xeral que o sindicalismo nacionalista lanza para o vindeiro 29 de marzo do 2012.

A proposta, que parte da Central Unitaria de Traballadores/as e a CIG, será trasladada a máis centros de traballo, co obxectivo de acadar os compromisos dos diferentes Comités de Empresa na mobilización das traballadoras e traballadores contra as medidas antiobreiras da alianza Patronal-Partido Popular.

Prensa

alt

A Asemblea Xeral de traballadoras e traballadores do servizo de limpeza universitaria decidiu esta mañá endurecer as mobilizacións contra os recortes na partida da limpeza mandatados polar Reitoría da USC, e que a empresa CLECE SA. quere concretar nun ERE de redución de xornada de máis do 20%.

Na tarde de onte unha parte importante do cadro de persoal concentrouse diante da Sala na que o Comité de Empresa e a Dirección mantiñan as conversas, e logo de que a representación colectiva esixise a retirada do ERE, petición que a empresa madurou nun receso, sucedéronse momentos de tensión logo da negativa rotunda desta última. Nese momento, a representación colectiva plantoulle cara á Dirección e no exterior, as traballadoras e traballadores concentrados, baixo berros de "Non ao ERE", alentaron e posición dos seus delegados e delegadas.

Se isto era así no lusco de onte, esta mañá a Asemblea Xeral decidiu ir á folga o vindeiro 28 de febreiro, mentres se maduran outras iniciativas.

Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 58

Inicio
Anterior
1