REFORMA, PENSIÓNS E MUNDIAL DE FÚTBOL

Prensa

Avaliación do usuario: / 7
RuínMellor 

Na prensa do sábado 19 de xuño, Zp recoñece que haberá reforma das pensións que consistirá en aumentar a xubilación aos 67 e ampliar os anos de cotización. Xustifican a súa decisión na crise actual e poñen como exemplo ao resto de Europa onde tamén atrasan a xubilación, pero non din que en Francia a atrasan dos 60 aos 62 anos, en Bélxica ata os 62, en Grecia, Reino Unido e Alemaña ata os 65... Na prensa do domingo, o ministro Corbacho afirma que haberá que retocar as prestacións por desemprego pois custan moitos cartos, seguindo os ditados do conferenciante “socialista” Felipe González, o mesmo que en marzo adquiriu unha vivenda en Tánger, Marrocos, en primeira liña de praia, polo módico prezo de 2,5 millóns de euros.

Ler máis...

   

EMPRAZAMENTO PÚBLICO Á CIG

Prensa

Avaliación do usuario: / 16
RuínMellor 

A CUT ven de facer un emprazamento público á CIG para que, nestes momentos históricos e desastrosos para a clase obreira, asuma a súa responsabilidade como sindicato galego maioritario convocando unha FOLGA XERAL EN GALICIA. O noso sindicato leva reclamando xa máis de dous anos esta necesidade, e o tempo está a darnos a razón. É hora xa de coller a iniciativa e deixar de escoitar os cantos de serea que chegan dende Madrid para escudar a nosa inanición na incompetencia dos sindicatos españois. A obriga do sindicalismo galego e de clase e dar un paso adiante, con determinación e valentía, asumindo as nosas responsabilidades; o contrario é tirar balóns fóra agochando a cabeza. Non hai que pedir a FOLGA XERAL, HAI QUE CONVOCALA XA.

Podedes ler aquí o comunicado dirixido á CIG.

Ler máis...

   

A FOLGA NA FUNCIÓN PÚBLICA. "Non é iso compañeiros..."

Prensa

Avaliación do usuario: / 16
RuínMellor 

“Non é iso, compañeiros, non é iso” cantaba o catalán hai ben anos, sabendo xa a onde nos levaba a restauración borbónica, o pacto social, a traizón sindical, a reconciliación, os modernos, os de “xa mudaron os tempos”…

O pasado 8 de xuño, despois do zapatazo salarial e contra as prestacións sociais, pensións, dependencia…os traballadores/as públicos fomos á Folga. Pasada a romaría cabe reflexionar sobre o que foi e o que debería ter sido.

 

 

 

 

 

Ler máis...

   

CONCENTRACIÓN NA DELEGACIÓN DE TRABALLO

Prensa

Avaliación do usuario: / 5
RuínMellor 

O mércores 16, ás 11 horas, diante de Delegación de Traballo de Vigo a CUT convoca aos seus delegados e delegadas, a toda a afiliación, a concentrarse en protesta pola Reforma Laboral que vai aprobar o goberno Zp. Seguimos demandando unha FOLGA XERAL NACIONAL para dar boa mostra de que a clase traballadora galega non vai permitir os constantes ataques do capital dirxidos a recortar os servizos públcos e a abaratar a man de obra, baixo a escusa de reducir un déficit causado pola inxección de cartos públicos para salvar a banca privada.

BANNER

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Move
-

Formación

Tema destacado

EREs e Acción Sindical

EREs e Acción Sindical

Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...

Ler mais...

Guía Básica de Representación Sindical

Guía Básica de Representación Sindical

Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...

Ler mais...

Decálogo para delegados/as da CUT

Decálogo para delegados/as da CUT

Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...

Ler mais...

login