A REFORMA LABORAL, UN PASO MÁIS

Prensa

Avaliación do usuario: / 9
RuínMellor 

A nova reforma laboral abarata o despedimento, precariza o emprego da mocidade, deixa nas mans da patronal a elección do despedimento con 20 días de indemnización por causas económicas, permite saltarse os convenios por razóns económicas... e os sindicatos facendo folguiñas sectoriais e debatendo sobre se os grupos parlamentarios aceptarán ou non a reforma. É posíbel ser tan necios como para pensar que os partidos políticos do sistema iran contra as medidas que defende o sistema? É posíbel ser tan hipócritas como para deixar nas mans dos partidos o papel dos sindicatos?.

Estes días é noticia o borrador da nova reforma laboral, a sexta dende o ano 1984 sen que ningunha delas servira para mellorar as condicións dos traballadores e traballadoras. As voces autorizadas -goberno, patronal e sindicatos submisos ao capital- fan declaracións grandilocuentes con expresión de sorpresa ante as reaccións do resto da mesa negociadora. Teatro do malo.

Esta reforma está cociñada e servida, como leva dicindo a CUT, dende hai un ano. Esta reforma é un chanzo máis na escaleira que nos leva a un capitalismo depredador, libre de oposición, dirixido polos organismos do capital: FMI, OMC, BM, UE. Na linguaxe prostituída das "democracias" capitalistas non hai outro culpábel que os erros do mercado, ese ente abstracto, inocente e neutral que tende sempre a equivocarse en prexuizo do proletariado. Tanta inocencia cansa, identifiquemos aos culpábeis e cobremos a factura.

Ler máis...

   

Elixida nova Executiva na comarca de Compostela

Prensa

Avaliación do usuario: / 177
RuínMellor 

 

O pasado sábado tivo lugar no local que a Central ten en Compostela a Asemblea Comarcal que puxo fin ao proceso poscongresual aberto o pasado ano. Tocaba, neste caso, renovar a Executiva Comarcal así como proceder á elección do novo Secretario.

Na xuntanza, que tivo lugar ás 11 da mañá, debateuse a situación actual da comarca, dando cumprida conta do traballo sindical que se levou a cabo nestes últimos meses, nomeadamente os conflitos laborais existentes que se abordaron pola militancia sindical.

Ler máis...

   

A CUT ESTIVO NAS RÚAS COA FOLGA XERAL

Prensa

 

O pasado 27 de maio volvemos a rúa, coma xa fixeramos no ano 2008, a demandar a convocatoria dunha Folga Xeral. As medidas que tomou o goberno de Zp, ditaminadas dende o ventre do capitalismo, irán acompañadas dunha nova Reforma Laboral que seguirá as receitas da patronal. Estas acutacións contra a clase traballadora, sen pudor algún, prodúcense dentro dun contexto de parálise social na que ten grande responsibilidade o sindicalismo pactista e de paz social. De terse producido unha contestación cando a CUT o demandaba non teriamos chegado a esto.

As rúas de Vigo foron de novo testemuña de que a clase obreira demanda unha folga xeral, e con nós compartiron a rúa a CGT, Esquerda Unida, FPG, PCPG, Esquerda Anticapitalista, Forza Republicana, Redesescarlata e Adiante. Ao final do acto, Lorena Cambón, deu lectura ao manifesto conxunto.

Foi este o primeiro paso dunha loita necesaria.

   

Asemblea Comarcal en Vigo

Prensa

 

O vindeiro martes 25 de maio temos asemblea comarcal en Vigo, ás 19 horas no local sindical. Nela trataremos a situación económica e laboral á que lle temos que facer fronte e as medidas que pretende tomar a CUT a nivel nacional e comarcal. Outro punto da orde do día será a MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA O 27 DE MAIO EN VIGO, ÁS 20 HORAS NO CRUCE DE VÍA NORTE CON URZAIZ.

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Move
-

Formación

Tema destacado

EREs e Acción Sindical

EREs e Acción Sindical

Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...

Ler mais...

Guía Básica de Representación Sindical

Guía Básica de Representación Sindical

Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...

Ler mais...

Decálogo para delegados/as da CUT

Decálogo para delegados/as da CUT

Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...

Ler mais...

login