Nota de prensa da CUT e o STL

Prensa

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

 

Hoxe día 19 de maio de 2010, tivo lugar unha reunión na que participaron membros da Executiva da CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS (CUT) da Comarca de A Coruña, coa Comisión Executiva do Sindicato dos Traballadores da Limpeza (S.T.L.), presidiron a xuntanza Ricardo Castro Secretario Xeral da CUT, e Miguel Anxo Sánchez Secretario Xeral do S.T.L.

A CUT e o S.T.L. manteñen un protocolo de colaboración e apoio mutuo, así como comparten local na cidade de A Coruña.

Ler máis...

   

Á rúa o 27 de maio

Prensa

Avaliación do usuario: / 6
RuínMellor 

 

Á rúa o 27 de maioA CUT sairá á rúa o 27 de maio en Vigo para reclamar a convocatoria dunha FOLGA XERAL NACIONAL. A situación na que nos vemos hoxe en día inmersos obedece á falta dunha resposta obreira que vimos demandando dende o ano 2008. O capital ditamina cales deben ser as medidas económicas que os gobernos teñen que adoptar e estes obedecen sen máis a aqueles que precisamente nos levaron a este desastre. O goberno de Zp é unha nova mostra de quen manda aquí, por fín quitou a súa careta socialista e deu renda solta ás medidas que ditaron o FMI, UE, BM, OMC...é dicir conxelación de pensións, recortes salariais aos traballadores e traballadoras públicas, limitación da xubilación parcial, aumento da idade de xubilación, punto final das mal chamdadas políticas sociais (cheque-bebe, lei de dependencia, etc.)e reforma laboral a piques de saír.

Ler máis...

   

Tamén pola lingua: folga xeral

Prensa

Avaliación do usuario: / 6
RuínMellor 

 

Tamén pola lingua: folga xeral

A CUT asistiu á manifestación contra o decreto do galego maquinado pola Xunta españolista de Feijoo para mostrar a súa repulsa ante o intento de destruír a nosa identidade como pobo. Este novo ataque, xunto aos que xa sufriron os nosos sectores produtivos e o noso medioambiente, demandaba unha resposta contundente do pobo galego, e así foi. A CUT suma o ataque que sofre a lingua aos ataques que está a sufrir o proletariado, pois o galego é a lingua do pobo traballador e queren secuestrar a nosa palabra para anular a nosa conciencia de clase, non o permitiremos e... tamén pola lingua: folga xeral.

   

Zp xa non ten disfraz socialista, sacou a careta

Prensa

Avaliación do usuario: / 4
RuínMellor 

 

Zp xa non ten disfraz socialista, sacou a caretaOs que diciamos que a crise do sistema non tiña volta atrás non andabamos moi equivocados, mentres que aqueles que falaban de brotes verdes, e lanzaban beizóns á Unión Europea do capital, son agora os executores de medidas que podería asinar o liberal máis radical.

O señor Zp, e demais goberno, quitaron a careta e abandonaron ese discurso de socialismo descafeinado co que pretendían enganar á clase traballadora. Poden explicarnos que teñen de socialistas as súas medidas? A quen lle recortan e a quen non? Algún de nós, dos traballadores e traballadoras, non está afectado? Non temos máis que recapitular:

  • Conxelación das pensións.
  • Redución salarial na función pública (debemos recordar que hai moitos funcionarios que non chegan aos mil euros), atacando ao sector público mentres os nosos cartos os utilizan para tapar os buracos dos bancos.
  • Na xubilación parcial eliminan o réxime transitorio.
  • Eliminación do Cheque-Bebe cando o Estado español xa é o último en axudas públicas ás familias.
  • Redución dos medicamentos.
  • Os dependentes xa non cobrarán o tempo de espera.
  • Diminúe a inversión pública.
  • Descenso de ingresos a concellos (que xa están en quebra) e comunidades autónomas ao tempo que lle obrigan a asumir novos costos.

Se estas medidas parecen poucas non temos máis que recordar que a REFORMA LABORAL está asinada e no caixón de saída, unha reforma que abarata o despido e agudiza a precariedade no emprego.

Ler máis...

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Move
-

Formación

Tema destacado

EREs e Acción Sindical

EREs e Acción Sindical

Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...

Ler mais...

Guía Básica de Representación Sindical

Guía Básica de Representación Sindical

Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...

Ler mais...

Decálogo para delegados/as da CUT

Decálogo para delegados/as da CUT

Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...

Ler mais...

login