PARAR Ó CAPITAL: A SOLUCIÓN PASA POLA FOLGA XERAL

Prensa

Avaliación do usuario: / 6
RuínMellor 

 

PARAR Ó CAPITAL: A SOLUCIÓN PASA POLA FOLGA XERAL

Era setembro do 2008 cando a CUT definía como necesidade sindical, como resposta obreira, a convocatoria dunha Folga Xeral diante do que se aveciñaba; diante do que se deu en chamar Crise Xeral do Capitalismo. Dicíamos tamén daquela que os traballadores e traballadoras tiñamos un concepto distinto de crise. Para nós a crise é a nosa forma de vida, moi especialmente nos últimos trinta anos, nos que perdemos poder adquisitivo á mesma velocidade que ía crecendo a nosa débeda coa sociedade de consumo. O 18 de decembro de 2008 saiamos a rúa pedindo a FOLGA XERAL e berrando que ESTE SISTEMA NON SERVE.

A alternativa de Folga Xeral, non foi ningunha consigna maximalista, prevía que as consecuencias da Crise ían ser devastadoras para a clase traballadora galega. O capitalismo sempre se converteu en socialista para repartir as perdas, e como en todas as crises a presente non ía ser distinta. En consecuencia, ou a clase traballadora se dota dos instrumentos de defensa para subverter a realidade ou afúndese arrastrando á miseria ós traballadores e traballadoras. Nese sentido, a Folga Xeral como instrumento é a arma axeitada que actuaría como revulsivo no plano sindical á hora de robustecer e aglutinar as posicións conscientes en torno á unidade de clase, e nos planos político e económico; é o instrumento para pararlle os pés ao capitalismo e aos seus xestores: os partidos políticos do sistema, sexan goberno ou sexan oposición.

Ler máis...

   

Haití: solidariedade ou depravación?

Internacional

Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 

 

Os xornais dos últimos días dábanHaití: solidariedade ou depravación?nos a noticia, que en realidade non é nada fora do previsible: secuestro de nenos en Haití, orxías da delegación portorriqueña, violacións, os alimentos e axudas que non chegan... Nada fora do previsto. A hipocrisía dos altofalantes do capitalismo non ten límite. A campaña de “solidariedade” desatada desde os distintos países do Mundo, salvo rarísimas excepcións son en realidade campañas mediáticas para consumo interno, cando non enmarcadas na cortina de fume que ampara a ocupación militar ianqui deste país caribeño.

Efectivamente a ocupación militar de Haití con 16.000 marines, ademais de persoal de loxística, intendencia e intelixencia ao igual que as novas bases militares en Colombia, forman parte do novo deseño xeoestratéxico de EE.UU., para apremar máis a soga sobre Venezuela e Cuba, os fachos anti-imperialistas máis senlleiros de América Latina.

Ler máis...

   

A xubilación aos 67 anos: medida social de ZP

Prensa

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

 

A xubilación aos 67 anos: medida social de ZPMentres en Davos o cerne do capitalismo mundial (oligarcas, dirixentes gubernamentais, premios Nobel de economía) espremen o cerebro para refundar ou redefinir o seu sistema, mentres a taxa de desemprego segue a dispararse; o Goberno de Zapatero acaba de facer pública unha guinda que, non por esperada, constitúe un auténtico aldraxe a clase traballadora: a xubilación ós 67 anos. E dicimos á clase traballadora porque é para quen vai destinada a medida. Os ricos, os parasitos coma os Borbóns, Botíns, ou os Deputados, teñen garantida a pensión de xubilación co tope máximo aínda sen traballar un día na súa vida.

Algúns escandalízanse coa medida promulgada, non é para menos. Pero o que non saben e que detrás desta virán máis e máis recortes: nos contratos de traballo, nos xa precarios dereitos no despedimento, nas propias pensións, na prestación por desemprego e na baixa laboral,... Desde a CUT témolo dito por activa e por pasiva, o modelo capitalista non da para máis, so é posible sostelo con este tipo de medidas.

Ler máis...

   

Sae a revista INGRE, voceiro da CUT-METAL

Metal

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

Nos próximos días sairá á rúa o voceiro Ingre, revista de información e debate da CUT-Metal. Unha vez difundida polos centros de traballo tamén se inserirá na web da CUT en formato pdf.

Ler máis...

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Move
-

Formación

Tema destacado

EREs e Acción Sindical

EREs e Acción Sindical

Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...

Ler mais...

Guía Básica de Representación Sindical

Guía Básica de Representación Sindical

Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...

Ler mais...

Decálogo para delegados/as da CUT

Decálogo para delegados/as da CUT

Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...

Ler mais...

login