Prensa
De acordo co informe, os puntos negros das Comunidades peor situadas son un gasto per cápita moi baixo sostido durante anos e a súa aposta pola privatización.
Á que non che estraña? Todas as comunidades sinaladas fixeron unha aposta explícita pola privatización da sanidade pública, as asociacións en defensa da sanidade pública denunciárono en reiteradas ocasións.
Prensa
O Reino de España segue a ser onde máis paro hai da Unión Europea, ten o dobre da media na UE. Galicia non é unha illla no medio dun océano de precariedade, no mes de agosto acabaron no paro 1.743 persoas máis no noso país, o que fai un total de 211.532 desempregados e desempregadas, é dicir, un 8,34 por cento máis que en agosto do ano 2009.
Internacional
O vindeiro 7 de setembro está convocada pola FSM unha xornada de loita mundial, en defensa dos dereitos dos traballadores/as no sentido amplio. Desde a loita contra as receitas neoliberais que caracterizan a conxuntura mundial, ate as reivindicacións concretas de cada pobo ou de cada organización sindical.
A xornada convocada, consistirá en actos de mobilización de todo tipo, que en base ás condicións obxectivas de cada realidade e de cada sindicato convócante, poderán ser concretadas en: folgas, manifestacións, concentracións, conferencias, mitins, etc.
A CUT como membro da FSM está obrigada á participación nesta xornada. Inda que as posibilidades son certamente limitadas, debemos e queremos cumprir cos mínimos, é por iso que propoñemos a convocatoria dunha CONCENTRACIÓN EN VIGO, o martes día 7, ás 12 da mañá no Cruce de Colon con Policarpo Sanz, baixo o lema traballando para a Folga Xeral do 29 de setembro. As 10,30 asemblea de afiliados na sede da CUT en Vigo. Así mesmo haberá unha concentración en Compostela baixo os mesmos parámetros.
Prensa
A CUT leva defendendo a necesidade dunha Folga Xeral dende hai máis de dous anos, cando xa o sistema capitalista daba mostras de quen ía pagar as súas débedas. Unha resposta contundente entón tería servido para evitar as medidas contra o proletariado que agora toman sen pudor algún.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Formación
EREs e Acción Sindical
Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...
Ler mais...Guía Básica de Representación Sindical
Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...
Ler mais...Decálogo para delegados/as da CUT
Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...
Ler mais...




