Prensa
Cada pouco tempo, o goberno, ten unha “inspiración”, lástima que sexa sempre para recortar aínda máis os dereitos de traballadores/as, a última ocorrencia é a de reducir, dos 100 días actuais a un total de 30 días o período permitido aos parados/as para rexeitar cursos de formación e ofertas de emprego.
Prensa
A Comunidade galega suma en agosto 443.927 xubilados cunha pensión media de 728,24 euros, o subsidio máis baixo do Estado. Isto é síntoma de que os traballadores/as galegos/as temos os salarios máis baixos, comprobado, tamén, coas estatísticas, A media en Galicia é de 1.615 euros brutos por mes, 243 menos que a estatal e inferior en 546 ó madrileño, que é o máis elevado, indica un estudo realizado por Adecco .
Sen embargo as noticias no plano industrial non van por ese camiño:
Nove comunidades autónomas incrementaron o seu PIB por habitante no período 2000-2009, especialmente no País Vasco, Asturias e Galicia, con subidas en torno ao dez puntos.
Galicia é a terceira comunidade do país con mellor saldo comercial
Vendeu, Galicia, case o dobre do que importou de xaneiro a xuño, o que sitúa o superávit en case mil millóns de euros
O ránking en salarios e dereitos sociais contrastan, como se pode comprobar, coa situación económica global. Esta circunstancia aproveitase para facer a chulería (e o insulto) correspondente cos amigos, Núñez Feijóo: “Con 900 euros vive en Galicia una familia un mes”, utilizouse, tamén,, no seu momento, por PP e Bipartito para vender Galicia, ao empresariado foráneo, publicitando os baixos salarios dos traballadores galegos como unha das cuestións que poden facer da “comunidade galega” unha das mellores para investir.
A produtividade conséguese de dous xeitos, mediante a redución e o abaratamento da man de obra ou innovando, adaptándose e utilizando as Novas Tecnoloxías, investindo en novos procesos de produción, bens e servizos, é dicir dándolle máis valor ao produto final.
A reiteración dos datos neste sentido demostra a dificultade para saír deste tipo de situación. Segundo os estudos realizados os baixos salarios derivan directamente da precariedade laboral (hai unha relación directa entre os baixos salarios e o traballo a tempo parcial e contratos de duración determinada), sendo as mulleres, xoves e persoas con baixa formación os que menos salario perciben. Tamén o nivel de industrialización do país é un elemento relevante, canto máis grandes son as empresas mellores salarios se perciben.
Se os que nos gobernan, sexan da cor que sexan, fan bandeira da precariedade na que vivimos será imposible escapar dela.
Prensa
Foi a nosa festa o 14 de agosto, festa do sindicato e festa do proletariado todo. Foi na Carballeira de San Amaro, foi Aldán, foi Morrazo, foi Galicia toda. Comezou ás 12 horas coas gaitas -aí estaba o Ghaeiteiriño- e os bailes entre os carballos, e ao tempo na cociña xa o lume quentaba potas e grella. Os primeiros visitantes chegaban con mirada curiosa á espera de algo descoñecido, e timidamente achegáronse ás barras onde o traballo voluntario xa non cesou ata ben entrada a madrugada.
Prensa
O xornal A Peneira, dirixido por Guillermo Rodríguez Fernández, vén de despedir á totalidade dos seus traballadores aos que lles adebeda seis meses de salario e as indemnizacións correspondentes, indicándolle aos mesmos que non vai cumprir con estes pagos. Así mesmo leva tamén sete meses sen retribuir o traballo aos dous colaboradores externos que axudaban habitualmente á elaboración dos xornais.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Formación
EREs e Acción Sindical
Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...
Ler mais...Guía Básica de Representación Sindical
Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...
Ler mais...Decálogo para delegados/as da CUT
Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...
Ler mais...





