Martes, 09 de Febreiro do 2010

Estás navegando en: Inicio arrow Metal




Metal
Un NON rotundo á farsa do Convenio do Metal Imprimir Correo-e
Metal
Mércores, 28 de Outubro do 2009
folga do metal

Os sindicatos CCOO e UGT, asinaron o pasado día 20 o Convenio Colectivo do Metal. Triste final para un proceso de loita e negociación que unha vez máis ven a traizoar os dereitos dos traballadores. Outros xa teñen a coartada perfecta e a quen   botarlle a culpa do fracaso, pero o certo é que, uns como asinantes e outros por levar o conflicto á derrota son culpables deste final. Como non podería ser doutro xeito, os sindicatos asinantes acabaron tragando o que fai catro meses rexeitaron os traballadores en loita.


Ler máis...
 
A TODOS OS TRABALLADORES DO NAVAL Imprimir Correo-e
Metal
Mércores, 14 de Outubro do 2009

 Algúns pensaban que a Folga do 2006 xa pasara a historia, enganáronse. Como non podía ser doutro xeito, e aproveitando a conxuntura, o Réxime está a cebarse na represión dos traballadores do metal: á represión sindical indiscriminada nas empresas do naval, ós centos de multas gobernativas, agora vénselle a sumar o Xuízo a trece compañeiros polos incidentes na Estación de RENFE, cando aquela Folga do 2006. 

Desde a CUT xa o temos dito moitas veces: cando aqueles que din que representan aos traballadores, ou o que é máis grave aínda, cando os mesmos traballadores deixamos de enfrontarnos ao inimigo capitalista, este inimigo crécese e responde cunha violencia moi superior á habitual. Os procesos de claro matiz fascista que estamos a sufrir nas nosas carnes non teñen precedentes no movemento obreiro galego. Os pretores do Réxime séntense fortes, e a razón está na claudicación da pasada folga; neste caso na claudicación irresponsábel dos que levaban o proceso negociador, non dos traballadores, todo hai que dicilo.

 A partir do día 19 de outubro, vaise celebrar en Vigo o xuízo ós trece compañeiros que acusan polos incidentes que aconteceron na Estación de RENFE, no contexto da Folga polo Convenio do ano 2006. O modus operandi dos aparatos represivos outra vez  é do escarmento. Desta vez esperaron tres anos para facelo porque eles si analizan os pasos que dan, e despois da derrota sindical da pasada folga intúen que os traballadores non imos ter capacidade de resposta, dando (erroneamente) por suposto que somos cordeiros dos sindicalistas de salón. As penas solicitadas tamén delirantes, unha vez máis falan de cadea. 

Os traballadores/as non podemos tolerar que, unha vez máis, traten de acusarnos de delincuentes por loitar pola nosa dignidade; non podemos consentir que convertan en delicto a reivindicación dos nosos dereitos. En calquera caso é intolerable a carencia das máis mínimas garantías de dereito, castigando a trece compañeiros polo que en calquera caso é responsabilidade de miles mobilizados na rúa. 

1º.- DESDE A CUT FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS SINDICATOS MAIORITARIOS PARA A CONVOCATORIA DE FOLGA SOLIDARIA O DÍA DO XUÍZO. EIQUÍ É ONDE DEMÓSTRASE A UNIDADE SINDICAL. 

2º.- FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODOS ÓS TRABALLADORES DO SECTOR NAVAL PARA ESTAR PRESENTES NAS RÚAS DE VIGO E NO XULGADO O DÍA DO XUÍZO. 

SOLIDARIEDADE COS TRECE TRABALLADORES XULGADOS !!

 

 
Valoración da CUT do conflito do Metal en Pontevedra Imprimir Correo-e
Metal
Xoves, 30 de Xullo do 2009
 Chegada dos compañeiros do Metal a Compostela. Foto: Xermán G. Romai.

A Central Unitaria de traballadores, ven de repartir, nos asteleiros de Vigo, Moaña e Marín unha valoración do conflito do metal elaborada tra-las diferentes asembleas.

Esta valoración está dispoñibel en pdf na nosa páxina web, na seguinte ligazón:

Valoración Metal>>>

 
A SOLUCIÓN NO METAL, FOLGA XERAL Imprimir Correo-e
Metal
Domingo, 05 de Xullo do 2009

Compañeiros do metal en Compostela. Imaxe: Xermán García Sabemos ben que o conflito que estamos a vivir vai máis alá do metal e vai máis alá da provincia de Pontevedra, e sabémolo porque é un conflito de clase que afecta a toda Galicia. A patronal, dende moito antes de chegar a esta folga, era consciente da importancia deste convenio, e por iso o planificou coma unha batalla a vida ou morte; sempre tiveron ben claro que derrotando á vangarda da loita obreira, ao metal de Pontevedra, terían o camiño andado para someter os convenios de todos os sectores galegos. Dende o principio souberon que este era un conflito de clase e tomaron dúas medidas preventivas clave:        

1.- Invadir as rúas con mercenarios armados do estado español, sabedores de que os conflitos gáñanse ou pérdense nelas.

2.- Levar aos sindicatos que negocian o convenio a unha espiral de loucura negociadora que suprimiu toda planificación táctica da loita.

 

Ler máis...
 
12º día de folga do metal en Pontevedra Imprimir Correo-e
Metal
Sábado, 20 de Xuño do 2009

Onte tivo lugar o decimo segundo día de Folga do Metal (para o Sector Naval o 14º). A pesares da falla de estratexia dos sindicatos maioritarios, os traballadores seguen a resistir nas rúas de Vigo. Tamén continúa o estado de excepción ca toma da cidade polas compañías da policía española. No percorrido do día de onte desde os estaleiros ó Concello o continxente obreiro foi custodiado por diante e por detrás por centos de mercenarios.

A estratexia patronal de rebenta-la Folga a través do cansazo e da fame, está a alentar cada vez máis, a esixencia por parte dos traballadores en loita, da convocatoria de Folga Xeral. Hoxe masivamente patentizouse na explanada do Concello de Vigo, para outros “Praza do Rei”, todo un insulto ó pobo de Vigo.

Pero, que Folga Xeral?

A UGT e CCOO xa lle viron fai tempo as orellas ó lobo, como trabarlle na man a quen lle da de comer?, polo tanto serán axentes activos para impedir que a Folga vaia adiante. A CIG, segue ensaiando un sainete a dous paus: por unha banda, participa na trampa tendida desde a Consellería de Traballo e asistindo separadamente a xuntanza ca Conselleira no día de onte, e pola outra, vendo o barco nas pedras, fala en abstracto de Folga Xeral do Metal, é dicir; repetir o ensaio da semana pasada. A este paso non nos estrañaría da convocatoria de Folga Xeral en Teis e Bouzas, os barrios obreiros de Vigo onde se ubican os estaleiros.

A CUT cando fala de Folga Xeral fala de Folga Xeral Nacional, é dicir; de Galicia. Nunha xornada que una na loita decidida e rexenerante a todo o proletariado galego e ós sectores populares golpeados polo capitalismo e o fascismo axexante. É esperpéntico ver os gandeiros vertendo leite nos supermercados ou sacando miles de tractores a rúa e, por outro lado, ós compañeiros do metal; cando sabemos que todo parte do mesmo problema e do mesmo sistema: o capitalismo, ó que hai que matar.

A CUT xa o ven dicindo desde antes de que comezara esta Folga, cunha visión reforzada co paso do tempo, a única vía de saír do calexón onde nos meteron os sindicatos maioritarios é a Folga Xeral, a outra opción é afociñar diante da patronal e da policía española asinando o Convenio Colectivo no 2% para este ano e o 1% para o 2010. Estaremos prestos a explicación que nos dean os dirixentes sindicais maioritarios.

 
Intelectuais galegos recollen sinaturas de apoio ós obreiros do metal Imprimir Correo-e
Metal
Martes, 16 de Xuño do 2009
folga do metal

Un grupo de intelectuais galegos, encabezados polo historiador Dionisio Pereira, elaboraron un manifesto de apoio ós obreiros do metal de Pontevedra.

Podedes colaborar facendo chegar a túa sinatura co teu nome, apelidos e profesión ó seguinte enderezo: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 

Manifesto:

Ler máis...
 
FAISE IMPRESCINDIBLE A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL Imprimir Correo-e
Metal
Martes, 16 de Xuño do 2009


1.- Decisión patronal e política sobre a Folga.


mobilización da CUT no 1º de abril A patronal e o goberno fai tempo, teñen decidido afociñar a loita polo noso convenio; os primeiros pola vía da fame e os segundos a través da violencia policial. O conclave patronal celebrado no IFEVI e as conclusións acadadas no mesmo convertéronse no guión desta Folga do Metal. O que está acontecendo en Vigo por moito que uns e outros traten de disimulalo, so ten precedentes no ano 1972, e a este paso se non o remediamos, acabará habendo na rúa tantos mercenarios como traballadores en loita.

Para a CUT a aposta da patronal e do goberno no so está en fixar o teito do incremento salarial, queren matar a calquera prezo a expresión máis avanzada da clase obreira galega. Polo tanto, non nos enganemos; enfrontámonos non so á conquista das melloras salariais que merecemos, ó mesmo nivel, está en xogo a nosa dignidade como traballadores con conciencia de clase.

Ler máis...
 
A Patronal e o Estado Español camiñan cara o “Estado de Excepción” nas rúas de Vigo Imprimir Correo-e
Metal
Venres, 12 de Xuño do 2009
barricada na ap9

Na mañá de hoxe, 12 de xuño de 2009, tres compañías da policía española (agardase para hoxe a chegada de alomenos tres máis) , alentadas pola delegación do goberno, están a tomar as rúas de Vigo, facendo cacheos e identificacións incontroladas, xa non de cara a perseguir posibles feitos ilegais na folga do metal, senón a estende-la idea de quen ostenta o poder, neste caso pola vía da forza represiva.

A CUT ve nesta posta en escena, unha clara consigna da patronal, apoiada polo goberno de España, para marca-lo teito da negociación colectiva, xa non só para o metal, senón de face a calquera negociación. A represión policial esténdese nos últimos tempos non só ó metal, senón a calquera acto de manifestación e denuncia pública e de reivindicación de dereitos colectivos. A resposta ás mobilizacións en defensa da lingua, da ilegalización das ideas, do ERE en Caramelo, do metal…, son a realidade de cómo o Estado Español está a facer de garda do réxime capitalista ou para ser máis claro, está a prestar o apoio da forza represiva ás reivindicacións da patronal e do máis escuro nacionalismo español na Galiza.

No caso de Vigo estamos a vivir os resultados do “Conclave da Patronal”, no que se decidiu que o conflito do metal ten que marca-lo teito da negociación colectiva. Esta é a idea que tratan de estender, que toda aquela negociación colectiva, en calquera que sexa o seu ámbito, non pode ir máis aló do negociado no metal. É por iso que para o Estado Español isto é unha “cuestión de Estado”, a patronal e o Estado non van deixar que a resposta dos traballadores do metal marque outro teito para a negociación colectiva, porque iso se estendería a tódolos sectores.

Os traballadores do metal, como en moitas ocasións anteriores, están a se-la guía do resto dos/as traballadores/as asalariados/as de Galicia. Os restantes asalariados/as debemos, non só segui-los seus pasos, senón dar un paso máis aló: imponse a necesidade de artella-la Folga Xeral xa. Debemos respostar a esta campaña do réxime con tódalas armas que ten a clase obreira.

A patronal e o Estado Español camiñan cara o “Estado de Excepción” nas rúas de Vigo, a clase obreira debe respostar coa “Folga Xeral” en toda Galiza.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 8 de 39