Martes, 09 de Febreiro do 2010

Estás navegando en: Inicio arrow Prensa arrow DESPEDIMENTO DE TRABALLADORES EN FOLGA




DESPEDIMENTO DE TRABALLADORES EN FOLGA Imprimir Correo-e
Sábado, 03 de Novembro do 2007

Onte, venres 2 de novembro, a empresa URBASER despediu a nove dos traballadores que están en folga demandando un convenio digno. Unha vez máis queda clara a intención negociadora da empresa, dando outro paso na súa política fascista e antisindical. Hoxe vaise producir unha concentración diante do Concello de Redondela, ás 11 horas, e dende CUT demandamos o posicionamento claro das entidades públicas con responsabilidade ante a inxustiza e arbitrariedade, onde non hai lugar para posicionamentos de falsa neutralidade.

A mediodía de onte, e tras a xestións do Comité de Folga diante do Concello, recibiuse a chamada da empresa para manter unha reunión na súa sede. Cando o Comité se presentou a devandita reunión o avogado de URBASER comunicoulles o despedimento dos nove traballadores, convertindo e esperpéntica unha pretendida xuntanza negociadora. A actitude e comportamento da empresa dan mostra clara da súa total falta de intención negociadora, é máis, repiten comportamentos fascistas cuios últimos antecedentes están nas folgas de 1972.

A intención dos traballadores, dende a declaración de folga, non foi outra que a negociación, e nela seguimos confiando a pesar das constantes medidas represivas da empresa. Demandamos a intervención de Concello e Autoridade Laboral para dar saída a esta situación kafkiana provocada pola soberbia e prepotencia do capital. Non se pode ser neutral ante a inxustiza e a represión.

 

 
< Ant.   Seg. >