Temos dito en moitas ocasións que o inimigo de clase son aqueles que, aparentando ser defensores dos traballadores, fai moito tempo que maquillan, confunden e manipulan o significado dos conceptos. A razón é ben obvia: xustificar a súa proia traxectoria. O cinismo chega a extremos de ocultar ou mentir sobre a nosa historia, a historia do proletariado. Por iso é bo refrescar a nosa memoria, coñecer e divulga-las razóns da clase traballadora en Galicia e no Mundo, para reivindicar o 1º de Maio, coma o día da nosa clase.
En 1884, o sindicalismo en EE.UU. acada cotas de desenrolo extraordinarias, como resposta a emerxente industrialización dese país americano. A revolución industrial, como tamén sucedera en Europa, non escatimou en doses de barbarie, para ter atados de pes e mans os traballadores, en moitos casos mulleres e nenos. A xornada laboral de 12 e 14 horas diarias, era naquel entón o patrón fundamental da actuación empresarial. Sumado a isto, a situación de inexistencia de dereitos, a proliferación de doenzas e mortos froito do traballo, convertía o escenario laboral en algo escalofriante. Nese mesmo ano, 1884, os sindicatos norteamericanos acordan como meta estratéxica a convocatoria de Folga a partir do 1 de Maio de 1886, para reivindicar de xeito definitivo o establecemento do dereito a xornada de 8 horas. Chegada a data, as cidades industriais máis importantes dos EE.UU. desde Nova Iorque ao Pacífico, paralizan totalmente a súa actividade laboral. A resposta da Patronal e do Goberno foi o emprego masivo de esquirois e da policía. Resultado: o día 3 prodúcense os primeiros mortos e centos de feridos, polas balas dos policías. Os feitos produciron unha grande consternación non so, na clase obreira senón extensible a amplas capas da opinión pública. Os traballadores e os sindicatos, lonxe de amilanarse seguen coa protesta. A resposta das autoridades é a detención selectiva de líderes obreiros, e lanza unha basta campaña inculpatoria na busca da coartada, para escarmentar ao movemento obreiro folguista. Despois dun sumario xudicial fabricado, o 11 de novembro de 1887, son asasinados na forca; Spies, Engel, Parsons e Fischer, a pesar da campaña internacional no seu favor. Estes feitos históricos gravados con sangue, levan a que a II Internacional reunida en París, acorde instituír o 1º de Maio, como Día do Proletariado Internacional. Se escalofriantes foron os feitos históricos, non menos escalofriante é o paralelismo da situación daquela, coa que estamos a vivir hoxe: xornadas de 10 e 12 horas, precariedade, traballo temporal, despido libre, xuízos farsa na Audiencia Nacional, a coartada do terrorismo, etc. Os traballadores e traballadoras galegos estamos no compromiso de reivindicar o 1º de Maio, con orgullo e sen maquillaxes. |