ONTE ESTIVEMOS NAS RÚAS COA FOLGA XERAL

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

 

ONTE ESTIVEMOS NAS RÚAS COA FOLGA XERALA CUT saiu de novo nas rúas de Vigo proclamando a necesidade dunha Folga Xeral Nacional sen esperar ao que outros ditaminen dende Madrid. Fixemos coincidir esta data coa folga xeral de Euskadi para preguntármonos por que en Galicia non se convoca esta folga. Nas rúas de Vigo saimos arredor duns 500 traballadores e traballadoras para dicir que a folga, ou é agora ou tan só será un paripe para lavar as conciencias dos que sustentan a culpa da complicidade coa patronal.

 

 

Dende a CUT volvemos repetir que poñeremos todos os medios dos que dispomos, e toda a nosa vontade, para que en Galicia sexa convocada unha Folga Xeral. Seguimos á espera de que aqueles que teñen o peso do sindicalismo galego dean un paso adiante. Agardámolos.

 

[Galería] Mani do 29X pola Folga Xeral Nacional

login