Relacións bilaterais

A CUT participa en xornadas sindicais nas Illas Canarias

 

A CUT participa en xornadas sindicais nas Illas CanariasConvidada pola Intersindical Canaria, durante os días 27, 28 e 29 de abril, a CUT participou nunhas xornadas con outras forzas sindicais do estado español.

Participaron as organizacións: LAB de Euskal Herria, Intersindical Alternativa de Catalunya, Intersindical Valenciana, Confederación Intersindical e FSOC tamén das Illas canarias. A CUT estivo representada polo compañeiro responsable de relacións internacionais, Manolo Camaño.

En ditas xornadas celebradas en Las Palmas e Tenerife, tanto con carácter aberto, como para delegados e delegadas sindicais da I.C., abordouse a análise da actual conxuntura laboral marcada pola crise xeral capitalista, a nova Reforma Laboral e profundizouse na necesidade dos marcos propios de relacións laborais.

Ler máis...

 

O Coordinador Xeral da COS acompaña á CUT nos actos do Día da Patria

Gonçal Bravo i Reig, Coordinador Xeral da Coordinadora Obrera Sindical (COS), sindicato nacional e de clase dos Països Cataláns, estivo nestas datas en Compostela para celebrar cos compañeiros da CUT o Día da Patria Galega.

Ler máis...

 

A CUT asiste ó 25 congreso da Federación Nacional Chipriota do Traballo (PEO)

Invitados pola Federación Nacional Chipriota do Traballo (PEO), Xan Carballo, Secretario de Relacións Internacionais da CUT, asiste o seu 25 Congreso que tuvo lugar en Nicosia do 20 ao 22 de Novembro. O Congreso contou con unha participación de 1.200 delegados e coa asistencia de numerosas organizacions internacionais. Cabe destacar a intervención de Pambil Kyrisis, Secretario Xeral de PEO e de George Mavrikos, Secretario Xeral da F.S.M., asi mesmo no acto de clausura contamos ca presencia do Presidente da República de Chipre Sr. Dimitris Christofias.

Desde a CUT saudamos que as conclusións do Congreso sirvan para o avance da clase obreira chipriota e unímonos a súa loita por un Chipre unificado, en paz e pola retirada das tropas de ocupación turcas.

Ler máis...

   

O relevo xeracional protagoniza o VII Congreso de LAB

Durante os días 22 e 23 de maio, a nosa central sindical participou no VII Congreso de LAB que se celebrou en Barakaldo, coa participación de 500 delegados que debateron sobre dúas ponencias: Político-Sindical e Organizativa.

No acto de clausura do Congreso participaron 1.500 persoas: a nova Secretaria Xeral Ainhoa Etxaide, que substitúe a Rafa Díez Usabiaga, encabeza unha Executiva maioritariamente composta por mulleres e dunha idade media de 36 anos, elixida co respaldo do 90% dos delegados. Na súa intervención, a nova Secretaria Xeral, demandou un cambio político social que posibilite o recoñecemento do pobo vasco e o respecto a súa vontade, así como construír un novo modelo económico e social desde un sindicalismo de contra-poder no camiño a unha Eukal Herria independente.

Ler máis...

   

login