Xoves, 26 Novembro 2009 20:00
O pasado 17 de novembro de 2009 tivo lugar en Lisboa a Conferencia Europea da Unión Internacional dos Sindicatos (UIS) de Transportes da Federación Sindical Mundial (FSM).
Esta iniciativa moi importante para a rexión europea, neste sector estratéxico, contoú coa participación de 7 e 5 organizacións internacionais e nacionais respectivamente, procedentes da Inglaterra, Chipre, Grecia, Rusia e Bielorusia ademáis dos camaradas de Portugal e do Secretario Xeral da UIS do Brasil e do Presidente da UIS-Transporte José Manuel Oliveira do Sindicato Nacional dos Trabalhadores do Sector Ferroviario de Portugal.
En representación da Oficina Rexional Europea da FSM asistiu Xan Carballo, Secretario de Relacións Internacionais da CUT, que trasladou un saudo ás delegacións partipantes, así como tamén presentou un informe sobre a situación do transporte na Galiza. Finalmente o 19 de novembro, celebrouse unha concentración de delegados e dirixentes dos diversos sectores de transporte de Portugal diante do Ministerio de Transportes, na que falaron diversos camaradas denunciando a política do Goberno.
Mércores, 23 Setembro 2009 20:26
O Secretario Xeral da CUT, Manolo Camaño, incidiu na súa intervención na necesidade dun sindicalismo combativo e de clase para conseguir facerlle fronte á situación de permanente crise na que vive a clase obreira; crise á que nos levan as leis do mercado e da explotación capitalista e os seus gobernos cómplices.



O vindeiro 7 de setembro está convocada pola 

