Memoria histórica
Durante os meses de Abril e Maio, estanse a celebrar no Auditorio de Cangas do Morrazo as primeiras xornadas de Cine pola Memoria Histórica, organizadas polo Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo, Cangas pola Memoria Común e a Sociedade Galega pola República; e nas que colabora tamén a Concellaría de Cultura do Concello de Cangas.






