Central Unitaria de Traballadores/as (CUT)
Vendéusenos a Unión Europea (UE) como a “casa de todos os europeos”, unha casa con moitos cuartos (habitacións), pero coas portas abertas para facilitar a comunicación, o coñecemento mutuo e, entre moitas máis bondades que postas na boca dos que as nomeaban non deixaban de ser tópicos, permitía o libre movemento, primeiro de capitais, máis tarde de cidadáns.
A CUT estivo de novo nas rúas, desta vez seguindo a convocotaria que a FSM fixo para este día 7 de setembro. Ás 12 da maña concentrámonos en Vigo, no cruce de Colón, e ás 20 horas fixémolo na Praza do Toural en Compostela. O noso discurso foi ben claro, como así leva sendo dende hai máis de dous anos. O sistema está a aproveitar a crise que el mesmo xenerou para reinventarse dando pasos cara atrás nos dereitos do proletariado.
Convocados pola FSM sairemos á rúa o martes 7 de setembro en protesta polo caos e miseria á que nos leva o capitalismo. En Vigo comezaremos cunha asemblea ás 10:30 horas para despois facer unha concentración no cruce de Colón ás 12 horas. En Compostela a concentración será ás 20 horas na Praza do Toural. A mobilización e loita permanente, sen descanso, é o camiño para sairmos vencedores.
Xa volo diciamos nós, o problema non é a reforma laboral, detrás desta virán outras porque o que realmente se pretende é a absoluta precariedade e a derrota da clase obreira meténdonos nun burato onde non poidamos saír.
Preténdese un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos. Dereitos conquistados a base da loita dos que nos precederon, moitos deles morreron por lograr esas conquistas.
De acordo co informe, os puntos negros das Comunidades peor situadas son un gasto per cápita moi baixo sostido durante anos e a súa aposta pola privatización.
Á que non che estraña? Todas as comunidades sinaladas fixeron unha aposta explícita pola privatización da sanidade pública, as asociacións en defensa da sanidade pública denunciárono en reiteradas ocasións.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL





