Luns, 13 Agosto 2007 09:27
Hoxe, luns 13 de agosto de 2007, entre as 10 e as 12 da mañá, un grupo de traballadores e traballadoras da Consellería de Medio Ambiente, así como delegados sindicais da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), concentráronse ás portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (Rúa Benito Corbal nº47), en apoio dos compañeiros expedientados, Álvaro Moraña Fontán e Pablo Sierra Abraín. Os dous traballadores e delegados da CUT estiveron acompañados na súa declaración polo Secretario Xeral da CUT, Manolo Camaño.
A apertura dun expediente disciplinario por falta moi grave, algo que de prosperar podería causar o despedimento dos traballadores, foi o motivo da concentración que coincidiu coa declaración dos compañeiros Álvaro Moraña e Pablo Sierra ante a instructora do caso.






