Muller

25 de novembro: O acoso sexual tamén é violencia

Achegándonos un ano máis ao 25 de novembro e con el ós actos de protesta e recordo ás vítimas máis visíbeis da violencia de xénero, as asasinadas nos últimos meses. Parece que a sociedade se volve máis sensíbel cando chegan as “onomásticas” e que con acordarnos uns cantos días ao ano xa temos a conciencia tranquila ata a seguinte data.

A violencia de xénero inclúe calquera tipo de ataque que se exerza contra unha muller, xa sexa físico ou psíquico e non entende de idades, razas ou clase social. Si é certo que as mulleres da clase traballadora podemos sufrir unha violencia específica, aquela que se da no centro de traballo: O acoso sexual no traballo.

Ler máis...

 

Declaración da reunión preparatoria do Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora

 

Unha decena de delegacións de sindicatos europeos reunidos en Cangas do Morrazo, os pasados 14 e 15 de maio, establecen unha declaración final encamiñada ó Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora, que se vai celebrar en novembro na Cidade de Praga.

Mesmamente, e dados os últimos acontecementos da represión contra 7 compañeiros/as sindicalistas da CUT, tamén denunciaron a falla de dereitos democráticos que imposibilita a participación electoral dentro do Estado español.

Ler máis...

 

A CUT convoca a Comisión Preparatoria do Congreso da Muller en Europa da FSM

Os vindeiros 14 e 15 de maio celebrarase en Cangas a Comisión Preparatoria do Congreso da Muller en Europa da Federación Sindical Mundial (FSM), convocado pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT).

Nesta Comisión, na que participa o Secretario Rexional Europeo da FSM, Cleanthis Cleanthous, estarán presentes 8 delegacións de diferentes nacións de Europa convidadas pola CUT. O calendario de actos será o seguinte:

Ler máis...

   

Polo noso dereito a decidir, pola nosa independencia!

Como cada 8 de marzo, as mulleres traballadoras de todo o mundo, saímos a rúa lembrando ás compañeiras que desde o século XIX ata os nosos días loitaron polos nosos dereitos, mesmo perdendo a vida. Na súa memoria collemos o seu relevo e continuamos coas súas reivindicacións, posto que aínda co paso dos anos, seguimos a ser vítimas do patriarcado, aliado inseparábel nesta etapa histórica, do capital.

Vimos de ver como en pleno século XXI á muller séguenselle a negar dereitos básicos como os reprodutivos, sufrindo unha auténtica caza de bruxas que lembra a outros tempos. A muller traballadora galega segue sen ter a mesma igualdade que o home á hora de acceder a un traballo. Seguimos a ser máis de 38.000 desempregadas máis que os homes e os nosos empregos son máis precarios, soportando as taxas de temporalidade máis altas xunto co maior número de contratos temporais. Unha vez dentro do centro de traballo os salario femininos seguen a ser inferiores aos masculinos e atopámonos co chamado teito de cristal á hora de promocionar. A nosa realidade fai que sexamos o eslavón máis débil da cadea.

Ler máis...

   

login