Congresos Nacionais da CUT

Ricardo Castro, novo Secretario Xeral da CUT

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

O IV Congreso da CUT celebrado no día de onte en Cangas do Morrazo, elixiu a Ricardo Castro, da Unión Comarcal de Vigo, como novo Secretario Xeral para os vindeiros catro anos, en substitución do compañeiro Manolo Camaño, que seguirá formando parte da Executiva Nacional.

Así mesmo, durante o Congreso foi elixida a nova Executiva Nacional do Sindicato, da que forman parte ademais de Ricardo Castro e Manolo Camaño, as compañeiras Maruchi Álvarez, Ana Olveira e o compañeiro Manolo Besteiro.

Ler máis...

 

IV Congreso: Asembleas Comarcais de Vigo e o Morrazo

As distinas comarcas da Central Unitaria de Traballadores/as xa está a traballar no IV Congreso, que terá lugar en Compostela o vindeiro 28 de novembro. Coa finalidade de converter o devandito congreso nunha ferramenta democrática que axude a construir o futuro da CUT, vanse celebrar –cando menos- dúas asembleas en cada unha das comarcas da central. É de vital importancia a participación de todo o corpo afiliativo no proceso precongresual, entrando no debate e aportando ideas. O próximo día 1 de outubro, nesta web e en todos os locais, teredes a vosa disposición o relatorio oficial.

Ler máis...

 

IV Congreso Nacional da CUT

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

A Central Unitaria de Traballadores/as, en Secretariado Nacional do pasado 11 de maio de 2009, en base ao artigo 27 dos estatutos desta central, acordou a convocatoria do IV Congreso Nacional baixo o lema: FORTALECENDO A CUT, NO CAMIÑO DA LOITA SINDICAL. O congreso celebrarase o sábado 28 de novembro na comarca de Compostela. O enderezo habilitado para toda comunicación oficial é Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . A este enderezo deberán enviar as comarcas, tendo de prazo ata o día 7 de setembro, os respectivos correos onde recibirá as comunicacións oficiais. Será este un congreso onde o relatorio oficial será de carácter político sindical, unido ao informe de xestión. A publicación deste relatorio oficial será o día 1 de outubro de 2009, poidendo ser emendado ata o 19 de novembro de 2009 co aval dun 5% da asemblea comarcal. O calendario de asembleas comarcais terá que ser comunicado ata o día 7 de setembro de 2009. Todos os textos referentes ao IV Cogreso, así coma as emendas presentadas, serán publicados na nosa páxina web.

Ler máis...

   

login