CUT-Ensino

A CUT - Ensino en defensa da lingua

 

A CUT - Ensino en defensa da linguaA CUT – ENSINO saúda, nestes momentos de emerxencia nacional, a creación de distintas plataformas en defensa da lingua galega. Durante a etapa política da Galicia autonómica en ningún momento se observou un ataque tan feroz ó maior patrimonio que a nación galega tivo, ten e pode chegar a ter: o noso idioma. Este ataque, promovido desde o goberno do PP de Feijoo e aguilloado desde a caverna parafascista do nacionalismo español, prodúcese nunha etapa na que, precisamente, vive o galego unha das súas maiores crises a respecto da transmisión oral de pais a fillos. Suprimilo das oposicións á administración da propia Xunta de Galicia, mingualo na xa escasa presenza que ten no ensino, como se pretende co novo Decreto ou abandonalo da protección da Lei de Normalización Lingüística en tódolos ámbitos. Esas son as fórmulas máis groseiras que un goberno pode pór en marcha para debilitar de vez a presenza do noso idioma no territorio que lle é natural, no territorio sobre o que o PP e Feijoo teñen agora a responsabilidade política.

Ler máis...

 

Novo Curso e Vella Ofensiva

 

Novo Curso e Vella OfensivaO curso 2009-2010 escomenzou. Un novo curso coas vellas problemáticas. O PP ao frente do goberno da Xunta, en boca do Conselleiro de Educación, afirma que este ano académico foi o que menos conflitivo resultou dos últimos tempos.

A percepción para os traballadores do sector, para o estudantado, pais e nais e para a sociedade en xeral non pode ser máis oposta, mesmo para a prensa habitualmente tan dócil ou autista.

Supresións da gratuidade dos libros de texto. Reducións de prazas de profesorado. Conflitividade nas Escolas de Idiomas. Peche de centros. Peche ou falla de subvencións de servizos como comedores escolares. Falla de oferta de módulos na formación profesional. Profesorado sen praza. Supresións de atencións educativas…

Ler máis...

 

A CENTRAL UNITARIA de TRABALLADORES/AS no ENSINO

 

  • Ensino público. Non ás subvencións á rede privada.
  • Ensino científico. Por un ensino de calidade.
  • Ensino laico. Fóra as relixións das aulas.
  • Ensino galego. Xurdido desde a realidade nacional galega.
  • Ensino en galego. En defensa e aplicación dos dereitos lingüísticos.
  • Ensino democrático. Contrario ao autoritarismo e a segregación.
  • Ensino gratuito. Pola igualdade de oportunidades.
  • Ensino popular. Actuante de cara á transformación nacional e social.
  • Sindicalismo asembleario. Como garante da democracia.
  • Sindicalismo participativo. Sen “profesionais” que nos mal-representan.
  • Sindicalismo mobilizador. Non pactista.
  • Sindicalismo combativo. A loita como camiño para avanzar.
  • Sindicalismo obreiro. Como parte da clase traballadora galega.
  • Sindicalismo internacionalista. Como parte da clase traballadora mundial.
   

login