CUT-Metal

Sae a revista INGRE, voceiro da CUT-METAL

Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 

Nos próximos días sairá á rúa o voceiro Ingre, revista de información e debate da CUT-Metal. Unha vez difundida polos centros de traballo tamén se inserirá na web da CUT en formato pdf.

Ler máis...

 

Xoves, día 5, folga no sector naval

Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 

O vindeiro xoves, día 5 de febreiro terá lugar Folga do Sector Naval en solidariedade cos catro traballadores que van ser xulgados ese día, no Xulgado do Penal nº 1 de Vigo. O xuízo fora aprazado o pasado 6 de novembro de 2008.

A Fiscalía solicita penas de catro anos de prisión para cada un dos acusados: Emilio Docampo, Iván Piñeiro, Xosé García e Daniel Cascallar, ademais da indemnización solidaria de máis de 8000 euros, imputándolles os delictos de danos e desordes públicos.

Ás 7 da mañá, os traballadores concentraranse nas portas dos estaleiros para máis tarde saír en manifestación polas rúas de Vigo ata o Xulgado.

Ler máis...

 

Represión laboral: os sindicatos CIG, CCOO e UGT reúnense coa CUT

O día 23 de xuño a CUT dirixiuse por escrito ós sindicatos CIG, CCOO e UGT, reclamándolles a celebración dunha xuntanza, para abordar conxuntamente a problemática surxida a raíz do procesamento de catro traballadores do sector naval de Vigo, pola súa participación na Folga que tivo lugar o mes de maio do ano 2007.

No día de onte, pasado case un mes, por fin se celebrou a xuntanza coa participación dos máximos dirixentes do sector metal dos sindicatos chamados maioritarios. Vista a xuntanza celebrada, pensamos que foi unicamente polo compromiso e as preguntas que se están a facer moitos compañeiros nos estaleiros.

Como se ten informado, ós compañeiros: Daniel Cascallar, Ivan Piñeiro, Emilio Docampo e Xosé García, a policía e o fiscal impútalle a participación nos incidentes nas rúas de Vigo, na devandita Folga. Polos cales se lles ven a solicitar unha pena de catro anos de prisión a cada un deles e o depósito inmediato de máis de 8.000 euros como fianza solidaria.

Ler máis...

   

Asemblea en Vigo do Sector do Metal da CUT

O vindeiro mércores día 26 de marzo ás 19´30, vai ter lugar na sede da central sindical en Vigo, a asemblea de afiliados do Sector Metal desta Comarca e a do Morrazo.

Nesta Asemblea ademais de abordar a reestruturación organizativa e funcional, discutirase a planificación sindical de cara a negociación do vindeiro Convenio Colectivo Provincial do Sector.

Ler máis...

 

A Inspección de Traballo de Pontevedra négalle á CUT información sobre o Sector Metal

Desde o remate da Folga do Naval de Pontevedra, o pasado mes de maio, a CUT tense dirixido por escrito á Inspección de Traballo, solicitando diversa información relativa ó cumprimento do Convenio Colectivo. Algo que dende propia Inspección de Traballo de Pontevedra se lle está a negar de forma sistemática.

Ler máis...