Luns, 03 Maio 2010 11:19
Convidada pola Intersindical Canaria, durante os días 27, 28 e 29 de abril, a CUT participou nunhas xornadas con outras forzas sindicais do estado español.
Participaron as organizacións: LAB de Euskal Herria, Intersindical Alternativa de Catalunya, Intersindical Valenciana, Confederación Intersindical e FSOC tamén das Illas canarias. A CUT estivo representada polo compañeiro responsable de relacións internacionais, Manolo Camaño.
En ditas xornadas celebradas en Las Palmas e Tenerife, tanto con carácter aberto, como para delegados e delegadas sindicais da I.C., abordouse a análise da actual conxuntura laboral marcada pola crise xeral capitalista, a nova Reforma Laboral e profundizouse na necesidade dos marcos propios de relacións laborais.
Martes, 02 Febreiro 2010 13:59
Os xornais dos últimos días dában
nos a noticia, que en realidade non é nada fora do previsible: secuestro de nenos en Haití, orxías da delegación portorriqueña, violacións, os alimentos e axudas que non chegan... Nada fora do previsto. A hipocrisía dos altofalantes do capitalismo non ten límite. A campaña de “solidariedade” desatada desde os distintos países do Mundo, salvo rarísimas excepcións son en realidade campañas mediáticas para consumo interno, cando non enmarcadas na cortina de fume que ampara a ocupación militar ianqui deste país caribeño.
Efectivamente a ocupación militar de Haití con 16.000 marines, ademais de persoal de loxística, intendencia e intelixencia ao igual que as novas bases militares en Colombia, forman parte do novo deseño xeoestratéxico de EE.UU., para apremar máis a soga sobre Venezuela e Cuba, os fachos anti-imperialistas máis senlleiros de América Latina.



O vindeiro 7 de setembro está convocada pola 

