Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no centro de traballo...
Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos por eles. A palabra, a dialéctica, o argumento e a solidariedade co compañeiro/a, esas son as nosas armas.
Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente, lonxe polo tanto de aceptar situacións como inevitábeis, nin dar por perdida ningunha loita...


