A CUT pedíu a Folga Xeral no 1º de Maio

Prensa

Avaliación do usuario: / 9
RuínMellor 

 

A CUT pedíu a Folga Xeral no 1º de Maio

O pasado 1º de maio, recordando aos mártires de Chicago e aos mártires da loita obreira galega, a CUT estivo nas rúas demandando, como ven facendo nos dous últimos anos, unha FOLGA XERAL NACIONAL. Os días previos a esta xornada de loita foron de intensa campaña nas rúas, mentres as demais centrais sindicais transmitían mensaxes ambiguas a CUT non tiña dúbidas: FOLGA XERAL XA!!

De novo, e un ano máis, a nosa manifestación creceu en presenza enchendo o percorrido de pancartas alusivas á crise que estamos a pagar a clase traballadora. Na intervención final fíxose unha valoración dos acontecementos do último ano, que claramente levan á destrución da nosa identidade territorial, medioambiental, cultural, económica e social; tendo como responsábel directo desta barbarie ao sistema capitalista.

Ler máis...

   

A CUT participa en xornadas sindicais nas Illas Canarias

Internacional

 

A CUT participa en xornadas sindicais nas Illas CanariasConvidada pola Intersindical Canaria, durante os días 27, 28 e 29 de abril, a CUT participou nunhas xornadas con outras forzas sindicais do estado español.

Participaron as organizacións: LAB de Euskal Herria, Intersindical Alternativa de Catalunya, Intersindical Valenciana, Confederación Intersindical e FSOC tamén das Illas canarias. A CUT estivo representada polo compañeiro responsable de relacións internacionais, Manolo Camaño.

En ditas xornadas celebradas en Las Palmas e Tenerife, tanto con carácter aberto, como para delegados e delegadas sindicais da I.C., abordouse a análise da actual conxuntura laboral marcada pola crise xeral capitalista, a nova Reforma Laboral e profundizouse na necesidade dos marcos propios de relacións laborais.

Ler máis...

   

1º DE MAIO, FOLGA XERAL XA!

Prensa

Avaliación do usuario: / 18
RuínMellor 

 

1º DE MAIO, FOLGA XERAL XA!No ano 2009 a lenda do 1º de maio era “camiñando cara a folga xeral”, agora o camiño xa ten que chegar ao seu fin. Se daquela era urxente unha convocatoria de Folga Xeral, hoxe é vital para defender os intereses da clase obreira galega. Non atopamos ningunha explicación racional que, defendendo á clase traballadora, xustifique esta parálise social.

Paro en taxas xamais alcanzadas (250.000 galegas e galegos sen traballo), Reforma Laboral a piques de se aprobar -reforma que traerá máis precariedade, máis discriminación, máis abaratamento da man de obra...), marco estatal de suba salarial asinado no 1%, xubilación aos 67 anos, aumento dos anos de cotización, privatización da sanidade e da educación, destrución medioambiental de Galicia para lucro do capital, destrución dos nosos sinais de identidade como a lingua e o sistema de vida...

Ler máis...

   

Manifesto perante o 10 de Marzo de 2010

Prensa

Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 

 

Día da Clase Obreira GalegaO 10 de marzo de 1972 caían, asasinados pola represión do estado fascista español, Daniel e Amador. Dende entón permanecen nas nosa memoria colectiva para recordármonos a dobre represión que sufrimos: como clase traballadora e como nación colonizada.

Naqueles inicios dos 70 desenvolvíase unha feroz crise do sistema capitalista, unha máis das que ciclicamente se repiten, facendo culpábel entón ao petróleo. Daquela salvouse a crise non acabando co sistema opresor, senón reforzándoo e inventando unha nova fase do capitalismo: o Neoliberalismo. Este Neoliberalismo puxo fin á inversión social, puxo fin aos mal chamados estados de benestar, deixou en mans de organismos como o FMI, a OMC ou o Banco Mundial o poder de decidir por todos e todas nós; e puxo tamén os cimentos do capitalismo financeiro e especulativo que hoxe causou o primeiro crack económico do século XXI. E dicimos o primeiro porque outros virán de non ter a capacidade de lle por fin a este sistema depredador e opresor.

Ler máis...

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Move
-

Formación

Tema destacado

EREs e Acción Sindical

EREs e Acción Sindical

Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...

Ler mais...

Guía Básica de Representación Sindical

Guía Básica de Representación Sindical

Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...

Ler mais...

Decálogo para delegados/as da CUT

Decálogo para delegados/as da CUT

Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...

Ler mais...

login