Movementos sociais
A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) quere facer un chamamento a tódolos seus afiliad@s á participación, así como trasladar á opinión pública galega o seu apoio á Marcha Nacional contra o Plano Acuícola da Xunta que se celebrará o vindeiro domingo 4 de novembro en Corrubedo.
Así pois, dende a CUT, amosamos o noso máis firme rexeitamento ao chamado Plano Sectorial Acuícola que, dende o goberno actual, non é máis que unha continuación das políticas neoliberais de anteriores gobernos na defensa das grandes corporacións económicas e en detrimento da vontade dos e das cidadáns de Galicia e do noso medio natural.
Prensa
Os traballadores de URBASER S.A. Redondela seguen, a día de hoxe, na súa loita por un convenio digno. O exercicio do dereito a folga (dereito fundamental) está sendo obstaculizado dende a dirección da empresa coa complicidade, ou cando menos permisividade, do Concello de Redondela. A CUT ven de denunciar está situación esperpéntica diante dos Xulgado do Social en Vigo. Dende a serenidade demandamos a URBASER que cambie a súa actitude irracional e deixe cumprir os servizos mínimos aos traballadores designados, lle demandamos que recapacite e dea os pasos oportunos para desbloquear unha negociación á que sempre estiveron abertos os traballadores do servizo de recollida, e pola que esperan dende hai un mes.
Ler mais. Os traballadores en folga denuncian no xulgado a Urbaser Redondela
Prensa
A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), a traveso da súa representación no Comité de Empresa, non asinará o Convenio de FRINOVA, S.A., ao considerar que se está a facer de costas aos traballador@s.
A empresa FRINOVA, S.A. de Porriño, que conta cunha plantilla media de 250 traballador@s, dedícase a fabricación de precociñados e pertence ao Grupo Pescanova.
A dinámica sindical dos sindicatos CCOO, UGT e CIG nesta empresa, levou a facer desaparecer a práctica asemblearia, asinando Convenios ano tras ano, sen contar coa participación e coñecemento dos afectados.
Metal
Desde o remate da Folga do Naval de Pontevedra, o pasado mes de maio, a CUT tense dirixido por escrito á Inspección de Traballo, solicitando diversa información relativa ó cumprimento do Convenio Colectivo. Algo que dende propia Inspección de Traballo de Pontevedra se lle está a negar de forma sistemática.
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Formación
EREs e Acción Sindical
Este caderno sindical pretende ser unha ferramenta útil para a representación sindical da CUT nos centros de traballo, co obxectivo de axudar a facer fronte aos EREs cunha acción sindical coherente,...
Ler mais...Guía Básica de Representación Sindical
Esta guía pretende achegarte como representante dos e das traballadoras ao coñecemento das ferramentas legais básicas que podes e debes utilizar na defensa diaria dos dereitos sindicais e laborais no...
Ler mais...Decálogo para delegados/as da CUT
Os delegados e delegadas da CUT teñen que falar cos compañeiros e compañeiras para analizar as circunstancias nas que estamos e para facer visíbel que outro camiño e outro mundo son posíbeis se loitamos...
Ler mais...





