alt

Na tarde de onte, traballadores e traballadoras do servizo de limpeza da USC, concentráronse diante das portas da Reitoría durante a celebración do Consello de Goberno.

Durante o transcurso desta mobilización, as e os asistentes apouparon ao actual reitor da Universidade compostelá Juan Casares Long, responsábel dunha equipa reitoral que está a despregar unha política de xestión neoliberal e radicalmente clasista, en absoluto illamento no medio das protestas e mobilizacións dos sectores máis activos da comunidade universitaria.

Esta concentración das traballadoras e traballadores da limpeza, que están a desenvolver un programa de loita aprobado con unanimidade e toda a forza do colectivo na última asemblea xeral celebrada, non é máis do que o comezo dun amplo programa de acción sindical que se concretará ao longo desta semana e no que se prevén xornadas de folga.

A oposición a un tesoirazo dun millón de euros na contrata (un 15% do seu valor) frente ao descenso dun 3% no presuposto xeral da Universidade, supón unha agresión de entidade ao conxunto do cadro de persoal, profundamente feminizado, que CLECE SA, empresa responsábel do servizo, prevé concretar nun ERE de xornada.

A representación da CUT neste centro de traballo critica “as negociacións que Clece e a equipa reitoral desenvolveron no cuarto escuro para concretar o recorte” e advirte da necedade dunha equipa de goberno que segue a preferir “acoitelar os dereitos do colectivo no canto de desenvolver un estudo serio do que suporía a recuperación para a entidade pública do servizo”, nun contexto no que a empresa concesionaria se está aínda a lucrar deste tesoirazo.

Intervención policial.

Durante o desenvolvemento da mobilización, a presenza de axentes da Policia Nacional de paisano, que botaron man da agresividade contra as e os manifestantes, xerou momentos de tensión durante os que segundo testemuñas presenciais, se botou man de armas non regulamentarias.

A CUT pon en cuestión, máis unha vez, a quen serve a autoridade policial, nunha entidade pública onde recentemente, o reitor Casares Long resultou imputado nun proceso xudicial de malversación de fondos públicos, e denuncia a falta moralidade dunha equipa reitoral que se serve de axentes para disolver as mobilizacións lexítimas dos traballadores e traballadoras do servizo da limpeza.

Prensa

O presidente do Estado español, Mariano Rajoy, ven de recoñecer que o para rolda os cinco millóns e medio de traballadores e traballadoras. A reforma laboral do PSOE contribuíu a esta cifra, e a reforma xa cociñada cos sindicatos e a patronal (o bipartito no campo laboral) axudará a aumentala aínda máis.

Todas as medidas ditadas polo goberno económico mundial (FMI, UE...) son asumidas sen oposición algunha por parte da burocracia política, leven a camiseta que leven, porque dende hai corenta anos a política do capitalismo parlamentario deixou de pensar e de tomar decisións económicas. A ninguén se nos escapa xa, a estas alturas, que o capitalismo está a refundarse para continuar coa súa lei de acumulación constante, e para este obxectivo teñen claro que só hai un camiño: a plusexplotación do proletariado.

As medidas adoptadas dende os despachos da barbarie implican man de obra escrava e un nivel de vida de subsistencia para a clase traballadora. En realidade esta foi sempre a nosa situación, só que nos últimos anos o capitalismo enganounos co consumo a creto que nos facía pensar na posibilidade de sermos clase media a través do traballo explotado. Nada máis lonxe da realidade, acabouse o soño, e para sempre, a burguesía di: INXENUOS, ACABÁRONSE AS ILUSIÓNS, VOLVEDE AO VOSO SITIO!!

Ler máis...

Prensa

Outra vez máis o persoal de seguridade está a ver como a súa patronal e os seus acólitos sindicais (UXT e USO), coa escusa da crise,  vanno volver traicionar.

Unha vez asinado o Convenio Colectivo e publicado no BOE, con toda desfachatez a patronal convoca aos sindicatos e fai unha proposta de aumento da xornada a cambio dunha subida salarial máis elevada. O argumento que dan é a crítica situación das administracións á hora de afrontar os pagos. Nós preguntámonos: como é posíbel entón afrontar unha maior suba salarial condicionada a máis horas de traballo? Non hai traballo? Non hai cartos? Ou non hai vergoña?

Estes impresentables non teñen en conta nin a suba unilateral do goberno do IRPF nin a suba dos prezos en xeral. Non será que detrás de todo isto está que agora, despois de cinco anos de recursos, non lles queda outra que pagarnos o que no seu dia se apropiaron de máis nas horas extras por mor de telas mais baixas no Convenio que a hora real de traballo? feito que incumple o Estatuto dos Traballadores, e amparándose na crise queren facernos pagar sempre aos mesmos, os que traballamos e producimos para eles

Ler máis...

Prensa

Desde a Central Unitaria de Traballadoras/es transmitimos a nosa repulsa ao racismo institucional que se agocha baixo as redadas policiais ás persoas migrantes que se adican á venta ambulante. Consideramos que agresións como a do pasado sábado 17 na cidade da Coruña deben espertar a resposta solidaria propia da clase traballadora. Consecuentemente, chamamos a apoiar e dar difusión á mobilización que terá lugar este xoves 29 de decembro ás 20 horas, convocada pola Asociación Sen Papeis e o Foro Galego de Inmigración.

Cartaz da Mobilización

Por desgraza, vén sendo norma a actuación desproporcionada das institucións represivas cos e coas migrantes, nesta época do ano e nas zonas comerciais das principais vilas galegas. O novo episodio desta inxustificable agresión, que o é tamén aos dereitos do conxunto das e dos traballadores, aconteceu o pasado sábado 17 de decembro cando axentes policiais de paisano procederon a deter a un dos vendedores ambulantes, segundo testemuñas, valéndose da forza e cunha actitude intimidatoria.

Á marxe da manifesta ilegalidade do procedemento, na CUT entendemos que a análise simplista que focaliza a cuestión nos supostos danos ao pequeno comercio, non é máis que un xeito de división da clase traballadora. Os “manteiros” ou “sen papeis” están a sufrir a crise sistémica coma o resto dos obreiros e obreiras, incluídos os pequenos comerciantes. Atacar a súa forma de subsistencia económica reflexa unha violencia inherente ás nosas institucións que debemos responder con unidade e intelixencia.

Como central sindical que procura desenvolver un programa propio e independente no campo da inmigración, fóra da cultura excluínte das grandes siglas, damos o noso apoio á mobilización deste xoves e parabenizamos á Asociación Sen Papeis, agardando que a súa loita, que sentimos nosa, continúe a medrar nos videiros tempos.

Prensa

Rosell asegurou que a patronal conta mesmo con enquisas entre parados que demostran a aceptación desta fórmula de emprego precario. "Eles apostan por iso", subliñou. Máis tarde, no programa 59 segundos, o líder da patronal volveu insistir no seu desexo de que a contratación "sexa totalmente libre". Pois ben, dende a experiencia das mulleres que padecemos de forma grave no Estado a contratación precaria a tempo parcial (o cal supón sempre salarios insuficientes para unha vida plena e autónoma), insisto en que os miniempregos con minisalarios implican unha minivida con minidereitos... e un incremento das tensións, a desigualdade e a falta de equidade que nos está a custar a saúde física e mental, cando non a propia vida.
Esta categoría laboral establece soldos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (641,40 euros en 2011). Os 'mini empregos' son un tipo de contrato que contempla un ridículo soldo máximo de 400 euros ao mes, salario que non podería chamarse nin de subsistencia.
Aínda que o contrato sería por menos horas laborais que un normal coa perda de forza da negociación colectiva e o abaratamento do despedimento que tamén se formula estaría indefenso ante a presión empresarial para traballar máis horas.
O traballador pode destinar de forma voluntaria un 4,5% do seu soldo ao seguro de pensións. De non o facer, a contía da súa pensión ascendería a tres euros por ano traballado.
Anunciouse, tamén, que o novo goberno revisaría os subsidios de desemprego para eliminalos ou reducilos co que moita xente non lle quedaría outra opción que aceptar condicións de traballo moi á baixo
Cada vez se evidencia con máis forza que o que se nos quere impoñer son modelos laborais xa existentes (China, Taiwan…), institucionalizando o escravismo laboral. Se non reaccionamos imporase o terrorismo empresarial, quedando sen dereitos nun mercado (laboral) totalmente liberalizado. Temos que sacudirnos o po que de tanta inacción se foi depositando por riba de nós, temos que saír á rúa e defender os dereitos que con tanto sufrimento nos custou, como clase, acadar.

 

Prensa

Os días 27 e 28 de xaneiro celebrarase en Lisboa o XII Congreso da CGTP de Portugal baixo o lema "PORTUGAL DESENVOLVIDO E SOBERANO. TRABALLO CON DEREITOS", ao que a CUT foi convidada, asistindo o compañeiro Secretario de Internacional, Manolo Camaño, e o Compañeiro Secretario Xeral, Ricardo Castro. Así mesmo participaremos tamén da Conferencia Internacional que terá lugar o día 26 de xaneiro nesta mesma cidade baixo o lema "A crise Internacional -Impactos no emrprego e nos dereitos laborais e sociais- Resposta Sindical".

 

Internacional

alt

O novo presidente do goberno Mariano Rajoy ordenou aos sindicatos maioritarios chegar a un acordo coa patronal antes do día 7 de xaneiro. Os sindicatos na primeira desas reunións parece que a pregunta que fixeron foi só onde asinaban e se lles ían regalar o bolígrafo.

Hoxe, mércores,o secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, sinalou algunhas das propostas que os sindicatos puxeron sobre a mesa dos empresarios de cara á negociación da reforma laboral.

Nas declaracións feitas á cadea 'SER', Méndez desvelou que formularon á CEOE e á Cepyme que os salarios suban por debaixo do IPC durante 2012 e 2013 e que as empresas poidan converter emprego a tempo completo en emprego a tempo parcial.

Se estas son as propostas coas que os sindicatos se sentaron a “negociar” o que sairá desas “mesas de imposición” non será máis que unha profundización nas políticas de recortes salvaxes a nivel laboral, económico e social contra traballadores e traballadoras, constantando, unha vez máis, a enorme distancia que existe entre a burocracia sindical e os intereses da clase obreira.

Para que as traguemos con menos problema acoden ás escusas habituais. Todas estas medidas din que se plantexan como “transitorias” e “reversibles”. Coñecen, en realidade, que nunca as condicións económicas e laborais, por moito que se sinalen en papeis, volverán a ser como as actuais, e moito menos coa súa actitude.

Promoven acatan e asinan, deste xeito, as vellas aspiracións empresariais. Por un lado que os salarios se desvinculen do IPC e que a precarización laboral sexa cada día maior.

Ler máis...

Prensa

Acabouse a campaña electoral, xa poden ir espertando algúns do soño do capitalismo parlamentario, nada mudará co cambio de siglas no goberno do estado imperialista español. A economía e hoxe allea á poltica, non haberá goberno que utilice o pensamento e as decisións políticas para dar os pasos necesarios: nacionalización da banca, saída do euro, gasto público, emprego público, reparto do traballo, impostos para os ricos... Nada disto figura na órbita do pensamento dun capitalista, no pensamento dos seus xestores.

O PP anuncia un ano de recesión, algúns vimos falando de recesión para 15 anos, algúns falamos da fame que virá se non cambiamos de sistema. O PP anuncia a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional, que coma ben sabemos todos e todas é a causa directa desta crise sistémica, a ninguén se lle escapa que eses miserábeis 641 euros crearon o burato negro da economía mundial. As súas solucións van pasar sempre pola nosa explotación. Estamos dispostos e dispostas a seguirlles o xogo?

Non haberá clase política que nos salve, de nós depende mudar o contexto, e só hai unha fórmula: ocupar as rúas.

Prensa

Da Reforma constitucional imposta e os Plans de Aforro á forza ao recorte sanitario

A reforma constitucional ditada polos "mercados", é dicir, o capitalismo, e posta en marcha tras pedir os avais políticos correspondentes aos empresarios e ás cúpulas dos sindicatos maioritarios, supuxo un paso adiante na estratexia da burguesía para desmantelar o Estado do Benestar, destruíndo, baixo a escusa da crise económica e a falacia da débeda "soberana" e o "axuste presupostario", as conquistas sociais logradas no século XX. De que soberanía estamos a falar, da dos capitalistas e os sectores máis ricos ou da do pobo e a clase traballadora, que somos a inmensa maioría da sociedade?

Os dirixentes socialdemócratas do PSOE, pensan, como o PP, que este recorte estimulará a economía, cando abonda mirar a Grecia, Irlanda ou Portugal para ver que sucederá xusto o contrario, como sinalaron mesmo diversos economistas que seguen botando de menos a Keynes e a intervención directa do Estado na economía baixo a tutela, por suposto, dos propios mercados. Mesmo algúns chegaron a afirmar, como Felipe González, que as emendas introducidas por proposta de Rubalcaba matizaban as excesivas esixencias dos mercados e que permitirán un déficit do 0,4%. Pero, como sinala Vicenç Navarro. "En realidade, nos últimos 20 anos [...] nin a zona euro, nin a OCDE no seu conxunto tiveron un déficit estrutural inferior ao 0,4% nin un só ano. Alemaña conseguiuno só un ano, EUA, tres anos, Reino Unido, catro, e España, tamén catro, a costa, por certo, de ter o gasto público por habitante máis baixo da UE-15.[...] En España, [os] ingresos [procedentes da recadación fiscal] representan só un 32% do PIB, mentres que en Suecia son un 52%. En realidade, se España tivese a política fiscal de Suecia, o seu Estado ingresaría 200.000 millóns de euros máis, cantidade abondo para eliminar o déficit do Estado e corrixir o enorme déficit de gasto público social de España"1.

Ler máis...

Prensa

Máis artigos...

Páxina 1 de 31

Inicio
Anterior
1