Inicio CUT Galicia http://www.cutgalicia.org/index.php/component/content/frontpage Fri, 18 May 2012 10:14:20 +0000 Joomla! 1.5 - Open Source Content Management gl-es NH PERSEGUE SINDICALMENTE AO NOSO SECRETARIO COMARCAL DE COMPOSTELA http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/424-nh-persigue-sindicalmente-ao-noso-secretario-comarcal-de-compostela http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/424-nh-persigue-sindicalmente-ao-noso-secretario-comarcal-de-compostela altA CUT pon en coñecemento da sociedade civil o último acto empresarial da Dirección de Recursos Humanos de NH Hoteles, que vén de encetar un expediente disciplinario contra o noso Secretario Comarcal Leonardo Da Cruz Blanco, traballador do centro NH Obradoiro de Compostela, nunha nova tentativa de encauzar o seu despedimento inmediato como freo para a súa actividade sindical.

Mentres de cara a galería acollen actos beneficentes e emprenden campañas de lavado de imaxe, de portas para dentro esta multinacional está a desenvolver unha razzia contra a nosa central sindical, que se concretou co despedimento o ano pasado de tres compañeiras do NH Obradoiro, recorridos xudicialmente, e que se está a ensañar no caso do compañeiro, con actitudes dirixidas ao seu illamento e desacreditación no centro de traballo, así como a impedir por todos os medios o desenvolvemento das súas tarefas como Secretario Comarcal desta central.

A incomunicación co exterior, a redución unilateral do seu crédito horario sindical, a desacreditación da CUT dentro e fóra do centro de traballo, son algunhas das estratexias que a Dirección Local da empresa, en conexión co Director de Recursos Humanos para a España e Portugal están a desenvolver, para impedir mesmo o seu traballo representativo da nosa central.

Á súa vez, o despedimento que agora pretenden é só a punta do iceberg. Unha nova medida que se vén a asentar sobre unha práctica constante de desacreditación do seu traballo como cociñeiro, as ameazas veladas de represalias contra a Sección Sindical da CUT, a retirada das chaves do seu ordenador de traballo, a negativa a lle entregar documentación, o ocultamento de información ou tácticas de amedrentamento do persoal para que o illen, veñen a ser a realidade cotiá a que ten que facer fronte.

]]>
AVIZOSO@CUTGALICIA.ORG (ALBERTO VIZOSO) frontpage Mon, 14 May 2012 20:51:25 +0000
10 M. CONTRA O SAQUEO DO ENSINO http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/422-10-m-contra-o-saqueo-no-ensino http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/422-10-m-contra-o-saqueo-no-ensino altO pasado 10 de maio, nun exercicio de solidariedade co movemento estudantil que se leva activando decote contra os recortes no ámbito universitario, a CUT reforzou nas rúas o seu compromiso aberto, como central sindical galega e de clase, coa resistencia activa de todos os sectores sociais afectados polas políticas de destrución do común, e mais sobre todo, dos servizos públicos esencias e dos dereitos sociais, que están a ser dinamitados polas forzas activas do neoliberalismo, que coordenan en Europa hoxe e tamén no conxunto do mundo, unha agresión de dimensión global contra as clases traballadoras e as clases populares no seu conxunto.

Baixo lendas como "Contra o saqueo do ensino público", ou "Por un ensino 100% gratuíto, galego e de calidade. Lume ao privado!" as comarcas da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras e a recentemente constituída CUT-Mocidade, tomaron a rúa onda milleiros de estudantes e coa cidadanía inqueda coas políticas antipopulares do goberno español e da Xunta de Galicia, nunha xornada de loita que enceta agora unha dinámica de socialización da loita por este servizo público esencial, conquistado na historia a través da loita activa e consciente da clase traballadora.

A CUT valora o éxito desta xornada nacional, que non puido sequera verse esvaído pola constante miopía das centrais sindicais maioritarias que seguen a optar, incomprensibelmente, polo veto e o sectarismo sindical, monopolizando as mobilizacións e excluíndo toda a pluralidade de voces que constitúen unha xa ampla resposta social contra os recortes. Seguimos reclamando, máis unha vez, un exercicio de xenerosidade sindical encamiñado a coordenar os esforzos de todas as organizacións e toda a cidadanía comprometida activamente na defensa dos intereses da clase traballadora e das clases populares. Só a unidade xenerosa, humilde e a coordenación dos nosos esforzos, servirá de panca para tombar ao Capital.

A CUT chama a todas as organizacións sindicais do estudantado que estiveron nas rúas (Liga Estudantil, Comités, Agir, Sindicato de Estudantes, Revoluciona a USC), ás asembleas estudantís de base que se espallan polo País (como a de Pedagoxía en Compostela, ou a de Estudantes de Coia en Vigo entre moitas), e tamén a todas aquelas seccións sindicais de traballadoras e traballadores públicos e ás centrais sindicais que como a CIG compartiron esta xornada connosco, a xerarmos sinerxias para entre todas e todos, izarmos a bandeira social da defensa dun ensino público, universal, nacional, gratuíto e ao servizo das clases populares galegas. Un ensino de calidade para todas e todos nós.

]]>
AVIZOSO@CUTGALICIA.ORG (ALBERTO VIZOSO) frontpage Mon, 14 May 2012 10:20:53 +0000
NO SECTOR NAVAL, AS ÁRBORES SEGUEN SEN DEIXARNOS VER O BOSQUE http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/421-no-sector-naval-as-arbores-seguen-sen-deixarnos-ver-o-bosque http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/421-no-sector-naval-as-arbores-seguen-sen-deixarnos-ver-o-bosque  alt

No mes de xullo do 2011, a CUT comunicoulle ós sindicatos maioritarios a necesidade de organizar unha resposta conxunta, unitaria e sobre todo asemblearia á situación do Sector Naval. Uns non tiveron tempo a falar coa CUT e outros, quedáronnos de convocar, seguimos esperando. Diciámoslles daquela, que de seguir no mamoneo, o futuro sería de chorar como nenos, o que non defendemos como homes. Diciámoslles tamén, que o problema do naval non era o “tax lease”, iso so era unha coartada da patronal do sector. Pois ben, a pesar de que o tempo transcorrido deunos a razón, seguimos esperando polos sindicatos maioritarios.

O vindeiro xoves día 10, está convocado un paro do pouco que queda de naval, obviamente o noso sindicato apoiará a convocatoria. Pero non nos enganemos, a estas alturas, xa non valen pretextos artificiais como o do “tax lease”, sobran discursos que se a Xunta debe de ir a Bruxelas, sobra a demagoxia de quenes ian de ganchete con quen se disfrazaba co buzo de Barreras, e agora queren quitarllo. O naval, claro que ten solución, pero en parámetros que nada teñen que ver co mamoneo.

O problema do naval é estructural, e mon conxuntural, xa o dicíamos fai tres anos. Se non temos capacidade de convertelo nunha gran convulsión social, acabará sendo un problema terminal. Se a estas alturas da actual crise capitalista, non temos claro que a situación hai que resolvela enfrontándose ó inimigo, unha de dúas; ou somos parvos, ou sóbranos cinismo. Non podemos desvincular a desfeita do noso sector, das políticas que emanan das grandes decisións económica da UE. Non podemos separar a conxuntura do sector naval, co rol asignado á industria periférica na Europa do capital.

So unha estratexia sindical asemblearia, que recupere a participación e a ilusión dos miles de traballadores no desemprego. Unha estratexia sustentada no tempo, e enfiada co conxunto da clase traballadora de Vigo e da nación, poderá traer esperanza e futuro para o que hoxe é un morto. Os enfoques sectoriais sen contextualizalos no escenario dramático do conxunto do mundo laboral e da sociedade, son simplemente entelequias que non van a ningún lado.

E falando de contextualizar, quen pode entender unha manifestación do sector naval o sábado día 12, o mesmo día e a mesma hora que a convocada polo Movemento 15-M? Evidentemente, calquera ten o dereito lexítimo a exponer e a manifestar os seus propios criterios, pero non é sospeitosa a convocatoria desta manifestación, cando os convocantes do 15-M, fai máis de tres meses que o fixeron púbrico? Nos, os traballadores do naval da CUT, claro que estaremos na manifestación o día 12, pero na Praza dos Cabalos, non cos sindicatos maioritarios que unha vez máis se equivocan. Porque queremos que o noso problema se resolva, nunha perspectiva económica, política, laboral e social e non ó marxe do conxunto da clase obreira e dos sectores populares. Porque ó marxe dos matices, dos enfoques, incluso das discrepancias, o día 12 hai que estar coas convocatorias do 15-M.

]]>
xportela@cutgalicia.org (XOSÉ PORTELA) frontpage Wed, 09 May 2012 21:33:23 +0000
PP: UN SAQUEO MILLONARIO http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/420-pp-un-saqueo-millonario http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/420-pp-un-saqueo-millonario altTan só tres semanas despois de que o goberno do Partido Popular anunciara unha tallada presupostaria de 10.000 millóns de euros destinada a desestruturar o sistema público de sanidade e de ensino, e logo de desenvolver diversas iniaciativas políticas de corte nacional-católico para asegurar o sometemento do corpo das mulleres traballadoras a través da expropiación dos seus dereitos reprodutivos e a supresión das axudas á dependencia, cun mercado de coidados sustentado case en exclusiva por mulleres de clase obreira, a dereita española vén demostrar a insuficiencia e a demagoxia do seu discurso da austeridade logo de facerse público o plan de inxección de 10.000 millóns de euros no rescate de Bankia, a entidade dirixida até hoxe por Rodrigo Rato, ex-vicepresidente do goberno de Aznar.

No seo dunha crise da entidade da actual, a clase propietaria está a demostrar a súa intención de que sexa o conxunto do pobo traballador quen se faga cargo dos restos dun festín no que empesariado e banca, agora en rexime self-service, agora co persoal de servizo das diferentes administracións, celebrabaron a presión constante da riqueza cara arriba, acumulada a cada vez en menos mans. E non só, senón que no duro contexto económico, social e político que está a vivir a clase traballadora e as clases populares no seu conxunto, ven a posibilidade de saquear as caixas públicas con rescates millonarios da banca e, tamén, das grandes empresas.

]]>
AVIZOSO@CUTGALICIA.ORG (ALBERTO VIZOSO) frontpage Wed, 09 May 2012 08:45:55 +0000
A CUT SECUNDA AS MOBILIZACIÓNS DO 12 M http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/419-a-cut-secunda-as-mobilizacions-do-12-m http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/419-a-cut-secunda-as-mobilizacions-do-12-m A Central Unitaria de Traballadores/as secundará e formará parte das mobilizacións convocadas para o 12 M. A situación de miseria e sumisión á que nos quere someter o capitalismo e os seus xestores "legais", lease políticos da burocracia, require da xenerosidade e do esforzo de toda a clase traballadora para darlle unha resposta contundente; só coa unidade de clase enfrontaremos con éxito estes duros tempos históricos que estamos a vivir, que ao mesmo tempo son tamén unha oportunidade para espertar do soño do capitalismo e construírmos entre todos e todas un mundo xusto e baseado no común. Non caben pois sectarismos nin protagonismos baseados na ruindade dunhas siglas nin disfrazados de loitas comúns que no fondo obedecen a frustracións e protagonismos que nada teñen que ver coa clase traballadora.

Facemos un chamamento público a secundar as mobilizacións do 12 M porque no común e na unidade de clase construirase o noso futuro.

]]>
info@cutgalicia.org (MANUEL CAMAÑO) frontpage Tue, 08 May 2012 11:26:32 +0000
A CUT MOBILIZARASE POLO ENSINO PÚBLICO http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/418-a-cut-mobilizarase-polo-ensino-publico http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/418-a-cut-mobilizarase-polo-ensino-publico A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores (CUT) apoia incondicionalmente as mobilizacións convocadas en toda Galiza para o próximo xoves 10 de Maio en loita por un ensino público, galego, de calidade e de balde.

Neste momento no que a dereita españolista e reaccionaria que goberna na Xunta e na Moncloa pretende arredar ás clases traballadoras do acceso ao ensino universal, é deber fundamental do sindicalismo nacional e de clase defender sen tregua todos os dereitos conquistados e loitar frontalmente contra as agresións privatizadoras, elitistas e neoliberais da dereita española.

De feito, a recentemente constituída CUT-Mocidade participará activamente nas mobilizacións convocadas polas organizacións do estudantado e da mocidade en resposta a todas as agresións que está a sufrir o estudantado da clase obreira.

Non podemos aceptar que continúen a empregar a crise, que eles mesmos provocaron, para nos privar dos nosos dereitos e ampliar mais aínda os seus privilexios. Nos podemos tragar con un ensino tan só accesíbel para os fillos e as fillas dos mais ricos. Non podemos permitir que nos rouben o que é noso.

A pública é servizo. A privada é beneficio.

O 10 de maio todas/os á rúa!

]]>
info@cutgalicia.org (MANUEL CAMAÑO) frontpage Tue, 08 May 2012 11:22:49 +0000
EN PÉ A CUT MOCIDADE EN VIGO http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/417-en-pe-a-cut-mocidade-en-vigo http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/417-en-pe-a-cut-mocidade-en-vigo altTras meses de traballo en boa parte das Unións Comarcais da CUT, na pasada manifestación do 1 de maio en Vigo, fixo a sua primeira aparición pública a Área da Mocidade da Central Unitaria de Traballadoras/es ou CUT-Mocidade. Unha área constituída para mellor afrontar e atender as necesidades, reivindicacións e loitas da mocidade galega da clase obreira.

A comitiva da CUT-Mocidade xuntou a moitas mozas e mozos traballadores tras unha faixa co lema Traballo digno na nosa Terra, unha palabra de orde que resume á claras a loita dunha mocidade traballadora galega condeada mais dun 50% de desemprego, a contratos precarios e á emigración coma man de obra cualificada e barata aos estados centrais do capitalismo europeo.

Na manifestación central do día do internacionalismo proletario, tamén se repartíu o primeiro número do voceiro da CUT-Mocidade, o Acorda! En próximo meses a área da mocidade abordará eidos tan importantes como a axitación e propaganda, a formación sindical de novos cadros e a moblilización.

Adiante coa CUT-Mocidade!

]]>
info@cutgalicia.org (MANUEL CAMAÑO) frontpage Tue, 08 May 2012 11:04:22 +0000
MAPA CRÍTICO DE GALIZA http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/416-mapa-critico-de-galiza- http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/416-mapa-critico-de-galiza- altA Rede de Dereitos sociais e a platoforma en defensa da terra Galiza Non Se Vende veñen de tirar do prelo o Mapa Crítico de Galiza 2012, que sitúa sobre a diversidade xeográfica galega todos aqueles puntos de conflitividade social con centro nas agresións ecolóxicas que o noso País está a sofrir, e que son visibilizados polos colectivos sociais e en defensa da terra máis diversos.

Segundo os colectivos editores este Mapa "pretende ser unha sintética plasmación gráfica das agresións e conflitos que, relacionados co medio, son sinalados e problematizados politicamente por infinidade de colectivos sociais do pais que se opoñen cotiamente á destrución que o modo de explotación capitalista impón sobre o noso territorio" E que trata "baixo tres eixos necesariamente subxectivos (medio, sociedade, economía)" de recoller cartograficamente "algúns dos elementos centrais na loita pola defensa do que é de toda a cidadanía, do Procomún: ‘esa constelación de recursos que debe ser activamente protexida e xestionada na busca de manter o ben común".

O Mapa pode sere consultado na seguinte ligazón: http://rede.blogaliza.org/files/2012/05/120502_mapacritico.pdf. A loita en defensa da terra é para a Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras unha loita en defensa da propia supervivencia da clase traballadora galega, e por iso saúda con entusiasmo esta iniciativa do tecido social nacional galego.

]]>
AVIZOSO@CUTGALICIA.ORG (ALBERTO VIZOSO) frontpage Thu, 03 May 2012 11:23:27 +0000
AS CLASES TRABALLADORAS VOLVERON RESPOSTAR NAS RÚAS http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/415-as-clases-traballadoras-volveron-respostar-nas-ruas http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/415-as-clases-traballadoras-volveron-respostar-nas-ruas altTras faixas denunciando a opresión da Europa do capital e reclamando a loita polos dereitos de todas, a CUT xunto a outras organizacións sindicais (CGT, CNT, STEG e SF-IN) e multitude de colectivos sociais, encheu onte as rúas de Vigo e Coruña.

En Vigo xuntamos arredor de 3500 persoas no que é a continuación dunha suma de forzas xa materializada no pasado 29M. Ademais, de reclamar a necesidade de novas folgas xerais para deter o desmantelamento da Sanidade e Educación públicas, as compañeiras da Secretaría das Mulleres chamaron a atención sobre as consecuencias patriarcais que está a ter o proceso continuado de recortes sociais e ergueron de novo a voz fronte a Lei de Familia aprobada pola Xunta de Galicia. O grupo de traballo de mocidade da CUT reclamou traballo digno na Terra, revelándose contra o desemprego e a precariedade. Todas e todas sumamos os nosos berros solidarios coa esixencia de liberdade para Laura Gómez, secretaria de organización da CGT-Barcelona, que está presa no marco dunha estratexia represiva contra as reivindicacións obreiras o pasado 29M.

Na Coruña, con forte presenza dos movementos sociais máis activos da cidade, encontrámonos perto dun milleiro de persoas. Estiveron presentes voces en contra da reforma da Lei de Estranxeiría, que deixará sen tarxeta sanitaria as e os migrantes sen papeis e, como no resto de vilas galegas, chamouse pola convocatoria urxente dunha nova folga xeral, como ferramenta de resposta inmediata á degradación de todos os nosos dereitos.

]]>
AVIZOSO@CUTGALICIA.ORG (ALBERTO VIZOSO) frontpage Wed, 02 May 2012 17:51:16 +0000
1º NÚMERO DO ACORDA, VOCEIRO DE CUT-MOCIDADE http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/414-1o-numero-do-acorda-voceiro-de-cut-mocidade http://www.cutgalicia.org/index.php/novas/prensa/414-1o-numero-do-acorda-voceiro-de-cut-mocidade alt

Xa está na rúa o número 1 do Acorda!, voceiro do grupo de mocidade da nosa central sindical.

Coa distribución deste novo pasquín, na CUT procuramos chamar á mobilización de xeito máis directo ás mozas e aos mozos que estudan, traballan ou simplemente sofren as consecuencias da crise sistémica no noso país. O pasado 29 de marzo serviu de exemplo clarificador a respecto da implicación e responsabilidade da mocidade galega na loita obreira. Este esforzo ten que ser continuado e aproveitado para comezar a darlle a volta ao contexto actual.

Podedes ler o voceiro na seguinte ligazón ou descargalo directamente premendo nestoutra.

]]>
AVIZOSO@CUTGALICIA.ORG (ALBERTO VIZOSO) frontpage Wed, 02 May 2012 16:53:10 +0000